Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

22/12/21 | 13:41 | C. de Sanidade

Sanidade amplia en dúas semanas a campaña de vacinación da gripe

O departamento sanitario da Xunta estenderá a posibilidade de vacinarse contra a gripe até mediados de xaneiro, sendo posible tamén facelo nos centros de vacinación masiva

22/12/21 | 12:16 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha a campaña “Estimada-MENTE” para sensibilizar á cidadanía sobre os desexos, retos e expectativas que afrontan a diario as persoas que padecen enfermidade mental

O proxecto pretende favorecer a información á sociedade sobre as necesidades percibidas polas persoas que presentan trastornos mentais de especial severidade e romper as ideas erróneas preconcebidas

22/12/21 | 10:10 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.227 casos activos por coronavirus

Un total de 192.489 pacientes xa están curados

21/12/21 | 20:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e Forzas de Seguridade acordan extremar a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias nestes días de Nadal

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia cos xefes das policías locais das principais cidades galegas e cos mandos policiais da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica, para extremar os controis e incrementar os dispositivos para evitar infraccións

21/12/21 | 15:38 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Ourense unen esforzos para impulsar a ampliación do complexo hospitalario ourensán

Asinan un convenio polo que o Concello achegará o 10% do custo das obras que comezarán en 2022

21/12/21 | 13:36 | C. de Sanidade

A Xunta inviste máis de 2,2 millóns de euros na renovación das lámpadas cirúrxicas dos hospitais galegos

O Executivo galego mellorará a iluminación de 97 bloques cirúrxicos nos 14 hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde

21/12/21 | 11:56 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos colaborarán para investigar unha suposta plataforma de médicos negacionistas

A tal efecto, o secretario xeral técnico de Sanidade, Alberto Fuentes, e o xerente do Sergas, José Flores, reuníronse hoxe co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Isidro Lago

21/12/21 | 10:40 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.253 casos activos por coronavirus

Un total de 191.837 pacientes xa están curados

20/12/21 | 20:44 | C. de Sanidade

Sergas e sindicatos negocian unha procedemento para xestionar os días de permiso por asuntos particulares

O departamento sanitario da Xunta presenta unha proposta de instrucións na que se contempla a posibilidade de desfrutar estes permisos máis alá dos períodos regulamentarios

20/12/21 | 19:11 | C. de Sanidade

Sanidade crea o comité clínico de cirurxía robótica para coordinar a utilización dos novos robots Da Vinci cos que conta o Servizo Galego de Saúde

O Comité estará integrado por 18 persoas, que se distribuirán nunha presidencia, unha vicepresidencia, unha secretaría e 15 vogalías