Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

24/03/22 | 10:30 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 22.649 casos activos por coronavirus

Un total de 514.224 pacientes xa están curados

23/03/22 | 18:47 | C. de Sanidade

O Hospital da Mariña incrementará os seus recursos tecnolóxicos coa dotación dunha resonancia magnética fixa

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou no Parlamento que a Xunta leva investidos 15 millóns de euros neste centro sanitario da rede pública galega, e ten previsto investir outros 15 máis

23/03/22 | 17:52 | C. de Sanidade

O Sergas confirma a tendencia descendente da tuberculose en Galicia

A incidencia pasou dos 14,5 casos novos por 100.000 habitantes de 2020, aos 13,1 casos que mostran os datos provisionais de 2021

23/03/22 | 14:01 | C. de Sanidade

A Xunta construirá en Boborás un novo centro de saúde que aumentará en case un 40% a superficie do actual

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa, Patricia Torres, asinaron o convenio para edificar este novo centro nunha parcela cedida polo concello

23/03/22 | 10:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 21.256 casos activos por coronavirus

Un total de 513.064 pacientes xa están curados

22/03/22 | 19:36 | C. de Sanidade

A Xunta iniciará de inmediato a actividade da nova unidade de saúde mental de Ponteareas

Comezará a funcionar en quenda de tarde mentres a área sanitaria executa unha reforma no andar -1 do actual centro de saúde para acollela

22/03/22 | 19:21 | C. de Sanidade

Galicia avanza na extensión da oitava área sanitaria coa dotación da infraestrutura tecnolóxica en atención primaria e hospitalaria

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego destaca a implantación da historia clínica electrónica intelixente, a plataforma tecnolóxica para desburocratizar a actividade asistencial e a rede de centros de saúde intelixentes como proxectos prioritarios na transformación dixital da atención primaria

22/03/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Gabriel Alén visita as obras de mellora realizadas no centro de saúde de Maside que contaron cun investimento de máis de 48.000 €

O delegado territorial puxo en valor este investimento para mellorar a calidade asistencial do centro de saúde para facilitar o seu uso por parte dos veciños