Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

18/04/22 | 12:10 | C. de Sanidade

Feijóo pide ao Goberno incorporar 64 prazas de médicos de familia ao MIR deste ano para paliar o déficit de profesionais

“Esperamos que o Executivo central non rexeite contar con estas prazas que Galicia está disposta a financiar”, di, incidindo en que só así se poderá paliar o problema de falla de profesionais

17/04/22 | 10:22 | C. de Sanidade

Máis do 96% dos usuarios do 061 de Galicia volvería a utilizar o servizo público de urxencias e emerxencias sanitarias

Os resultados da enquisa de satisfacción da poboación usuaria do 061 de Galicia amosan valoracións positivas superiores ao 90% na maioría das respostas

16/04/22 | 17:53 | C. de Sanidade
16/04/22 | 11:30 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Coirós repararán a cuberta e as fachadas do centro de saúde de Figueiras

O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Coirós veñen de asinar un convenio que destinará máis de 20.000 euros a acometer esta mellora, financiada a partes iguais polo Sergas e o Concello

16/04/22 | 11:26 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Leiro mellorarán a climatización do centro de saúde deste municipio

O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Leiro veñen de asinar un convenio que destinará preto de 38.000 euros a acometer esta mellora, financiada a partes iguais polo Sergas e o Concello

14/04/22 | 13:07 | C. de Sanidade
14/04/22 | 13:03 | C. de Sanidade

A Xunta reformou o centro de saúde de Mondoñedo para dotalo de servizo de fisioterapia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e directivos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, visitaron as melloras realizadas, que supuxeron un investimento de 130.000 euros

14/04/22 | 12:32 | C. de Sanidade

A Xunta asina os convenios coas entidades de asistencia aos trastornos adictivos cun importe de preto de sete millóns de euros

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, rubricou os acordos de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e nove asociacións sen ánimo de lucro, beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento destes programas

13/04/22 | 14:03 | C. de Sanidade

Xunta e concello de Rodeiro rematan as obras que melloran a accesibilidade do centro de saúde

A actuación tivo un orzamento de mais de 86.000 euros e foi froito dun convenio entre Xunta e Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal

13/04/22 | 13:01 | C. de Sanidade

A Xunta prepara un procedemento para mellorar a atención das persoas con mobilidade reducida nas consultas dos hospitais e dos centros de saúde

Entre as medidas previstas está a de contar con tempos de citas máis amplos e dispor de instrumentos e aparellos de exploración adaptados e accesibles, especialmente en consultas como xinecoloxía, uroloxía ou probas especiais