Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

05/05/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta apoia dous programas de atención integral impulsados por Albores no ámbito da saúde mental

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a entidade de Monforte de Lemos contou coa colaboración da Consellería de Sanidade para promover accións de acompañamento no fogar e de inserción sociolaboral

05/05/22 | 10:10 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.728 casos activos por coronavirus

Un total de 572.684 pacientes xa están curados

04/05/22 | 18:22 | C. de Sanidade

Os servizos de cirurxía otorrinolaringolóxica, anxioloxía e cirurxía vascular do Sergas rexistran os mellores tempos de espera do Sistema Nacional de Saúde

Na especialidade cirúrxica de Anxioloxía e Cirurxía vascular, o Servizo Galego de Saúde rexistra os mellores datos de espera media con 52 días, moi por debaixo das restantes comunidades autónomas

04/05/22 | 15:33 | C. de Sanidade

Sanidade comparte con outras rexións europeas o Plan de atención e apoio aos profesionais sanitarios e a estratexia galega de vacinación fronte á covid-19

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde lidera o proxecto europeo TITTAN covid-19 con cinco rexións europeas, co fin de establecer unha rede de intercambio de boas prácticas relacionadas coa covid-19

04/05/22 | 11:58 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Outeiro de Rei asinan o protocolo que permitirá integrar o PAC e o centro de saúde no mesmo edificio

O acordo prevé ampliar en case 335 m2 o edificio do actual centro de saúde para dar cabida ao Punto de Atención Continuada, dotalo de máis espazos e integrar tamén a base da ambulancia localizada

04/05/22 | 11:35 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.112 casos activos por coronavirus

Un total de 571.738 pacientes xa están curados

03/05/22 | 17:04 | C. de Sanidade

Galicia sitúase como a segunda comunidade autónoma con mellores datos de listas de agarda en procesos cirúrxicos seleccionados

O tempo medio de agarda en Galicia para os 15 procesos cirúrxicos seleccionados como máis frecuentes sitúase en 70 días, un dato soamente superado polo País Vasco, que conta con 62 días de espera

03/05/22 | 10:48 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.206 casos activos por coronavirus

Un total de 570.079 pacientes xa están curados

02/05/22 | 19:01 | C. de Sanidade

Sanidade implantará protocolos específicos para potenciar a resolución do persoal de enfermaría de atención primaria

Esta iniciativa xa estaba recollida como un dos obxectivos a desenvolver polo Servizo Galego de Saúde dentro do proxecto XIDE para a Xestión Integral da Demanda en Equipo