Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

11/05/22 | 11:02 | C. de Sanidade

A Xunta publica no portal de transparencia o decreto que regula as categorías estatutarias do Sergas no ámbito da biblioteconomía e documentación

As bibliotecas do Sergas desenvolven a función esencial de difundir o coñecemento científico-técnico nas ciencias da saúde e poñen a disposición das persoas usuarias información relevante e actualizada para a toma de decisións na práctica clínica

11/05/22 | 09:41 | C. de Sanidade

Galicia necesita sangue dos grupos a positivo, 0 negativo e 0 positivo e solicítase a colaboración da cidadanía

Os grupos sanguíneos A Positivo, 0 Negativo e 0 Positivo amosan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue

10/05/22 | 11:49 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia destina preto de 1,2 millóns de euros a programas de asistencia a pacientes con trastornos aditivos na comarca de Ferrol

O convenio con Asfedro, que ascende a preto dun millón de euros, incrementouse un sete por cento con respecto ao ano anterior

10/05/22 | 10:17 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.991 casos activos por coronavirus

Un total de 580.402 pacientes xa están curados

09/05/22 | 17:19 | C. de Sanidade

Galicia sitúase entre as Comunidades Autónomas con máis número de profesionais de medicina familiar e comunitaria por 100.000 habitantes

Segundo o informe do Ministerio de Sanidade sobre Oferta e necesidade de médicos especialistas en España, Galicia ocupa o cuarto lugar no ratio de profesionais de MFeC, con 116 facultativos por cada 100.000 habitantes, 28 máis que a media nacional (87,4)

09/05/22 | 14:33 | C. de Sanidade

Fernández-Tapias destaca o importante incremento de recursos dirixidos á mellora da atención a saúde mental

A representante autonómica recorda que a nova convocatoria do Goberno galego está aberta con achegas de máis de 840.000 euros para este tipo de entidades

09/05/22 | 11:21 | C. de Sanidade

A Xunta inviste máis de 3 millóns de euros en renovar mesas cirúrxicas para os hospitais públicos galegos

Esta nova licitación continúa co proceso de renovación dos bloques cirúrxicos iniciado pola adquisición de 37 novos equipos radiocirúrxicos, 97 lámpadas cirúrxicas ou 7 equipos de cirurxía robotizada para os hospitais da rede pública de Galicia

09/05/22 | 11:14 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 15.553 casos activos por coronavirus

Un total de 578.605 pacientes xa están curados

09/05/22 | 10:38 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 63 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 6 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 8 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico