Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O 061 de Galicia asistiu 27 persoas por 25 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 17 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 19 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 33 chamadas por accidentes de tráfico
Galicia rexistra un total de 11.195 casos activos por coronavirus
Un total de 617.724 pacientes xa están curados
A Xunta aumenta nun 80% as prazas de formación para especialistas sanitarios desde 2009
O crecemento centrouse en categorías como medicina familiar e comunitaria ou enfermaría, onde se duplicaron as prazas formativas nos últimos seis anos
Galicia rexistra un total de 10.967 casos activos por coronavirus
Un total de 616.854 pacientes xa están curados
A Xunta no marco do Plan de actuacións fronte ás altas temperaturas, sinala os niveis de aviso por episodio de calor para diversas zonas
O plan está operativo dende o 1 de xuño, e da súa coordinación encárganse, ademais da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e as Consellerías de Política Social e Xuventude; e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
García Comesaña destaca o intercambio de coñecemento de ‘Forovax’ na procura de avanzar cara a unha saúde pública mellor
O titular de Sanidade destaca a importancia de incrementar o emprego das novas tecnoloxías e o uso do big data ao eido sanitario
Galicia rexistra un total de 10.156 casos activos por coronavirus
Un total de 616.581 pacientes xa están curados
Forovax 2022 converte a Galicia no centro de debate e análise sobre vacinas e saúde pública
Durante as xornadas de hoxe e mañá, expertos nacionais abordarán dun xeito multidisciplinar os últimos avances e achegas científicas xurdidas ao redor da inmunoloxía
Ángeles Vázquez valora a conciencia solidaria da cidadanía galega que fixo máis de 3 millóns de doazóns de sangue desde 1993
Lembra a importancia de doar sangue como un xesto altruista grazas ao cal se poden salvar moitas vidas