Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

11/08/22 | 10:33 | C. de Sanidade

A Xunta renovará a normativa de horarios e gardas de oficinas de farmacia de hai 20 anos para adaptala ás necesidades actuais e garantir a cobertura

Preténdese garantir á cidadanía o coñecemento dos horarios e de que establecementos van cumprir os requisitos de estar abertos as 24 horas, igualándoos nas catro provincias.

11/08/22 | 10:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.239 casos activos por coronavirus

Un total de 672.113 pacientes xa están curados

11/08/22 | 10:20 | C. de Sanidade

A Xunta publica a convocatoria das axudas para programas promovidos por concellos para a prevención de condutas adictivas, que incrementa nun 13% o seu orzamento

As axudas chegan aos 2,5 millóns de euros co obxecto de aumentar o número de concellos que poidan acadar unha subvención e incrementar así a cobertura dos programas

10/08/22 | 13:50 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha un protocolo de actuación ante casos sospeitosos de submisión química na sanidade pública galega

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, recibiu do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, o documento para sometelo a alegacións do Observatorio Galego da Violencia de Xénero
 

10/08/22 | 10:54 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.201 casos activos por coronavirus

Un total de 665.975 pacientes xa están curados
 

09/08/22 | 11:12 | C. de Sanidade

A Xunta renova a súa terceira resonancia magnética móbil logo de procederse á súa adxudicación por un importe de 891.680 euros

Grazas a esta tecnoloxía, os pacientes galegos aforran milleiros de quilómetros en desprazamentos, garantíndose a igualdade na asistencia a aquelas persoas que viven lonxe dos seus centros de referencia

09/08/22 | 10:17 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.303 casos activos por coronavirus

Un total de 665.702 pacientes xa están curados

08/08/22 | 13:54 | C. de Sanidade

A Xunta terá no vindeiro ano unha nova unidade móbil de doazón de sangue na área sanitaria de Ourense

A Consellería de Sanidade vén de adxudicar o contrato desta nova unidade móbil, por un importe de 353.380 euros

08/08/22 | 11:12 | C. de Sanidade

A Xunta inicia o trámite da lei que estenderá a provisión por concurso de méritos ás prazas de difícil cobertura en atención primaria, hospitais comarcais e saúde mental

O texto do Anteproxecto de Lei publícase hoxe no portal de transparencia con carácter de urxencia para a presentación de suxestións nun prazo de 7 días hábiles

08/08/22 | 10:41 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.481 casos activos por coronavirus

Un total de 665.387 pacientes xa están curados