Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

08/09/22 | 15:10 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta lle remite ao Parlamento a lei que estenderá a provisión por concurso de méritos ás prazas de difícil cobertura en primaria, comarcais e de saúde mental

Subliña o éxito da convocatoria deste ano de 106 prazas en atención primaria por este sistema e anuncia que o no 2023 vanse convocar 130 novas prazas por concurso en máis especialidades

08/09/22 | 12:09 | C. de Sanidade

A Xunta pechará este mes a estratexia galega para a eliminación da hepatite C

Este plan de acción utilizará cribados e métodos de busca activa para facilitar o diagnóstico de casos e aplicar o tratamento

08/09/22 | 11:00 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.340 casos activos por coronavirus

Un total de 670.357 pacientes xa están curados
 

07/09/22 | 10:11 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.300 casos activos por coronavirus

Un total de 670.290 pacientes xa están curados
 

06/09/22 | 15:25 | C. de Sanidade

García Comesaña pon en valor o traballo de AFAGA na procura de mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer e dos seus coidadores

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA), e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur desenvolverán unha investigación na procura de biomarcadores que teñan en conta o binomio familia-paciente

06/09/22 | 13:52 | C. de Sanidade

A Xunta acorda cos colexios de médicos a renovación do convenio que posibilita a prescrición de receitas aos facultativos xubilados do Sergas

Nos vindeiros días, ambas partes asinarán o convenio que facilitará talonarios de receitas oficiais ao persoal médico xubilado que prestara os seus servizos como facultativo na sanidade pública asistencial galega

06/09/22 | 12:20 | C. de Sanidade

A Xunta reclama ao Ministerio de Sanidade cambios nos criterios da formación MIR que permitan acreditar máis prazas formativas de medicina de familia

O conselleiro de Sanidade mantivo hoxe unha reunión cos xefes de estudos das unidades docentes de medicina familiar e comunitaria das sete áreas sanitarias para consensuar o documento coas propostas de reforma

06/09/22 | 10:30 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.354 casos activos por coronavirus

Un total de 670.105 pacientes xa están curados

05/09/22 | 20:47 | C. de Sanidade

O 22º Simposio Internacional sobre tratamentos endovasculares converte a Compostela na capital do coñecemento desta especialidade

Especialistas de todo o mundo intercambiarán coñecemento e experiencias sobre os avances que se levan producido nas terapias endovasculares

05/09/22 | 11:22 | C. de Sanidade

O Sergas abre o prazo de elección de destino en 100 prazas das especialidades de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, e Medicina Interna

O Diario Oficial de Galicia publica na xornada de hoxe a relación de aspirantes seleccionados no concurso-oposición para o ingreso nestas categorías