Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

10/03/20 | 22:14 | C. de Sanidade

Feijóo traslada as medidas acordadas na Comisión Interdepartamental centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

“Na comisión de hoxe analizamos cos distintos departamentos as medidas que pensamos que se deben activar de forma inmediata en Galicia, para os próximos 15 días e a pesar de ser unha das comunidades con menor incidencia”, di

09/03/20 | 21:34 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de 18 casos positivos de infección por coronavirus

Trece casos están na área da Coruña, catro na área de Vigo e un na área de Ourense

09/03/20 | 18:29 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de trece casos positivos de infección por coronavirus

Oito casos están na área da Coruña, catro na área de Vigo e outro na área de Ourense

09/03/20 | 11:20 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 63 persoas por 47 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 6 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 8 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 52 chamadas por accidentes de tráfico

08/03/20 | 13:59 | C. de Sanidade

Confirmados dous novos positivos de infección por coronavirus en Galicia, no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e no hospital da Coruña

Con estes, son xa seis os casos positivos confirmados en Galicia e outros oito están pendentes de confirmación por parte do Centro Nacional de Microbioloxía

07/03/20 | 12:15 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta traslada a representantes empresariais as recomendacións sobre o coronavirus

O Goberno galego é consciente da importancia do traballo conxunto e a coordinación e por iso xa ten en marcha dende hai unhas semanas unha Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19 e outras enfermidades emerxentes  

06/03/20 | 19:08 | C. de Sanidade

Sanidade continúa o estudo dos contactos do cuarto caso confirmado e mantén reunións coa Anpa e a dirección do IES de Moaña onde cursa estudos

Trátase dun brote de vínculo familiar xa que o menor é fillo da muller diagnosticada onte por coronavirus na área sanitaria de Vigo

06/03/20 | 15:09 | C. de Sanidade