Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

14/03/20 | 12:51 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de 135 casos positivos de infección por coronavirus

Esta mañá produciuse o falecemento, na área de Vigo, dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa, e que dera positivo importado na proba de coronavirus

13/03/20 | 18:05 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de 112 casos positivos de infección por coronavirus

Rexistráronse xa as tres primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

13/03/20 | 12:58 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de 90 casos positivos de infección por coronavirus

Dende hoxe o Sergas pon a disposición da cidadanía unha páxina web https://coronavirus.sergas.es, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e para outros colectivos

13/03/20 | 12:00 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade solicita o uso responsable do teléfono gratuíto 900 400 116 como número exclusivo para a atención ao coronavirus

O día 11, a Central de Coordinación atendeu 5.392 chamadas. Se atendemos ás chamadas relacionadas co coronavirus, no número 061 atendéronse 1.258 chamadas e no 900 400 116 foron atendidas 588

12/03/20 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-

11/03/20 | 19:13 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo convoca aos responsables dos principais partidos políticos galegos a unha reunión o vindeiro luns para analizar a situación derivada da evolución do coronavirus

O obxectivo é seguir informando a todos os partidos da situación, despois da Conferencia de Presidentes prevista para o sábado

11/03/20 | 18:44 | C. de Sanidade

Sanidade suspende as prácticas realizadas por alumnado de graos de ciencias da saúde ou ciclos formativos en calquera centro sanitario de Galicia por 14 días

Actualmente hai confirmados en Galicia un total de 29 casos positivos e outros 15 están pendentes de confirmación por parte do Centro Nacional de Microbioloxía

11/03/20 | 17:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e Fegamp reuniranse mañá para afondar na coordinación ante o contaxio de coronavirus e resolver dúbidas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, manterán un encontro co presidente da Fegamp, Alberto Varela