Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

18/03/20 | 14:03 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 333 casos infectados por coronavirus

O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

17/03/20 | 19:00 | C. de Sanidade

O teléfono gratuíto 900 400 116 refórzase desde hoxe coa incorporación de ata 100 teleoperadores para axilizar a atención ás consultas sobre o coronavirus

O reforzo realizarase de luns a venres, en horario de 9,00 a 21,00 horas no que se está a recibir o maior número de chamadas

17/03/20 | 15:28 | C. de Sanidade

O Sergas e os hospitais privados funcionarán como un sistema único e integral

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo hoxe unha vídeo conferencia cos responsables dos centros privados galegos para informarlles das medidas concretas que se van adoptar en cumprimento do disposto polo Ministerio de Sanidade

17/03/20 | 13:25 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 285 casos infectados por coronavirus

O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web https://coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

16/03/20 | 19:37 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 34 persoas por 25 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 13 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 35 chamadas por accidentes de tráfico

16/03/20 | 18:32 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo reitera que "a elección prioritaria e única que temos neste momento todos os galegos é derrotar a pandemia" e pide ao Goberno que complemente as medidas no eido económico e social

Solicita ao Goberno a ampliación do fondo de continxencia para o ámbito sanitario: “Necesitamos un caudal de liña presupostaria para ir axustando o gasto ao orzamento adicional que necesitamos nos servizos sanitarios e sociais”

16/03/20 | 15:07 | C. de Sanidade

Sanidade pon á disposición da cidadanía un autotest con información sobre o coronavirus na páxina web do Sergas

Proporciona un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas con esta enfermidade

16/03/20 | 13:31 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 239 casos infectados por coronavirus

Rexístrase o terceiro falecemento por coronavirus na nosa comunidade

15/03/20 | 14:04 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 189 casos infectados por coronavirus

Produciuse o segundo falecemento, dun home de 81 anos, con varias patoloxías, que se atopaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que dera positivo importado na proba de coronavirus