Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade prepara a segunda onda de tests de seroprevalencia coa que completará o estudo autonómico da Covid-19
O total de persoas contactadas na primeira onda de test foi de 61.836
Sanidade presenta aos profesionais sanitarios o Plan para a reactivación progresiva da asistencia en atención primaria
O Plan de Reactivación Asistencial foi deseñado coas achegas de colexios profesionais, sociedades científicas e asociacións do eido sanitario
Galicia rexistra un total de 2.758 casos activos por coronavirus
Un total de 7.225 pacientes xa están curados
Feijóo avanza o Plan de reactivación asistencial da Atención Primaria que optimizará o funcionamento dos centros e garantirá a seguridade dos profesionais e doentes
Afirma que está estruturado en varias fases que se desenvolverán dun xeito progresivo, desde o momento actual ata o mes de xuño
Galicia rexistra un total de 2.727 casos activos por coronavirus
Un total de 7.138 pacientes xa están curados
Sanidade finaliza a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia para analizar a circulación do COVID-19
Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais
A Delegación do Goberno dá finalmente á razón á Xunta e permite que o límite de 5.000 habitantes para as saídas se decida en función dos núcleos de poboación
A partir de mañá será efectiva a modificación e poderán saír con liberdade horaria as persoas que residan en núcleos separados de menos de 5.000 habitantes
A Xunta retoma as obras de construción do centro de saúde do Saviñao coa previsión de rematalas no outono
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que está terminada a cimentación e agora acométese a execución da estrutura do novo edificio sanitario
Galicia rexistra un total de 2.747 casos activos por coronavirus
Un total de 6.959 pacientes xa están curados
Sanidade traslada ao Ministerio a proposta para que Galicia pase á Fase I e se flexibilice a mobilidade en todo o territorio
Segundo o conselleiro Vázquez Almuiña, a unidade territorial de actuación sanitaria sobre a que levar a cabo medidas restritivas de mobilidade, de aconsellalo así os indicadores, debe ser aquela que, en cada caso concreto, se demostre como a máis efectiva