Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

05/10/22 | 12:35 | C. de Sanidade

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorpora unha nova Unidade de Conduta Suicida no centro de especialidades da Casa do Mar de Mollabao

As actuacións de reforma e equipamento no andar baixo deste centro sanitario consistiron na habilitación de 4 novas consultas, que contan cunha sala de espera para pacientes, nuns espazos aos que se accede directamente desde o vestíbulo principal de entrada
 

05/10/22 | 11:47 | C. de Sanidade

O ‘Reto 10.000’ chega ás tres universidades galegas da man da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Red Española de Universidades Promotoras de Salud

Esta campaña especial achega o altruísta xesto da doazón de sangue aos sete campus universitarios galegos

05/10/22 | 11:12 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.364 casos activos por coronavirus

Un total de 673.396 pacientes xa están curados

04/10/22 | 13:11 | C. de Sanidade

A Xunta habilitará a solicitude de renovación de receitas a través da aplicación SergasMóbil

A app alertará ao usuario cando a caducidade das receitas estea próxima e permitirá solicitar a renovación, podendo ser autorizada tamén de xeito electrónico polo persoal sanitario no caso de valorala procedente
 

04/10/22 | 11:56 | C. de Sanidade

O Sergas incorpora persoal fixo nas especialidades de medicina interna, cirurxía ortopédica e traumatoloxía

Serán un total de 100 profesionais. Deles, 53 corresponden a especialidade de cirurxía ortopédica e traumatoloxía e 47 a medicina interna

04/10/22 | 10:57 | C. de Sanidade

A Xunta destaca que a nova Lei de postos de difícil cobertura permitirá incorporar facultativos de xeito urxente, estable e permanente aos centros sanitarios con maior carencia de profesionais

A nova lei contribuirá á cobertura das vacantes nos centros de saúde illados e nos hospitais comarcais, así como das novas prazas de especialista en saúde mental
 

04/10/22 | 10:43 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.333 casos activos por coronavirus

Un total de 673.257 pacientes xa están curados
 

03/10/22 | 13:33 | C. de Sanidade

Galicia completa o mapa de centros de investigación galegos coa acreditación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur en Vigo

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destaca o alto nivel dos profesionais adscritos e a aposta pola investigación para a mellora do sistema sanitario e da sociedade

03/10/22 | 11:26 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 61 persoas por 49 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 30 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 2 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico

03/10/22 | 10:38 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.297 casos activos por coronavirus

Un total de 673.139 pacientes xa están curados