Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Sergas acorda coas organizacións sindicais a entrada en vigor das primeiras listas de contratación de persoal médico hospitalario
As devanditas listas, que agora figuran publicadas como provisionais, entrarán en vigor o vindeiro mes de setembro xa con carácter definitivo
O conselleiro de Sanidade asina convenios de colaboración por máis de 5,8 M€ destinados a programas de asistencia a pacientes con trastornos adictivos
Durante o pasado ano, estes programas beneficiaron a preto de 13.000 pacientes
Os datos de vacinación en Galicia fronte á covid reflicten unha redución do 88,4% da taxa de positividade nas persoas que recibiron a pauta completa fronte a un 47,2% dos que recibiron so a primeira dose
O estudo realizouse tras o seguimento a 349.848 persoas vacinadas
Galicia rexistra un total de 2.763 casos activos por coronavirus
Un total de 115.035 pacientes xa están curados
A Xunta construirá un novo edificio para albergar as urxencias e o PAC do Hospital de Verín
Trátase dunha actuación que abarca unha superficie de preto de 1.500 metros cadrados e que contará cun investimento de 2,4 millóns de euros
A Xunta de Galicia vacina a máis de 32.000 persoas nas vacinación masivas organizadas esta fin de semana
Das 25.550 persoas convocadas na xornada do domingo, o 83% recibiu a primeira dose
O Sergas aborda os sistemas de regulación emocional no ciclo de conferencias de apoio e atención ao persoal de sanidade
A psicóloga, Ana Isabel Martinez Arranz, será a encargada de impartir mañá, 20 de abril, a terceira das sesións do ciclo
O Sergas e o Concello da Rúa asinan un convenio para a execución das obras dun novo centro de saúde na vila
O orzamento estimado para a realización destas obras é de 1,2 millóns de euros
Galicia rexistra un total de 2.767 casos activos por coronavirus
Un total de 114.901 pacientes xa están curados
O 061 de Galicia asistiu a 63 persoas por 48 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 16 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 56 chamadas por accidentes de tráfico