Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

23/04/21 | 10:36 | C. de Sanidade

O Sergas oferta nove prazas na oposición de persoal de servizos xerais, na quenda de discapacidade intelectual, que se celebra mañá

Están convocadas 148 persoas aspirantes ás probas selectivas que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra) a partir das 10.00 horas

22/04/21 | 15:34 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta somete a consulta pública a futura Lei de prevención das adiccións en menores de Galicia

Feijóo destaca que pretende introducir limitacións á venda, subministración, consumo e publicidade das principais substancias psicoactivas, así como recoller medidas específicas no caso das adiccións relacionadas co mal uso das tecnoloxías

22/04/21 | 14:40 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.875 casos activos por coronavirus

Un total de 115.328 pacientes xa están curados

22/04/21 | 14:14 | C. de Sanidade

Gabriel Alén abordou cos xefes territoriais os investimentos na Área Sanitaria en Ourense, a loita contra a covid -19 e os cronogramas de vacinación

O delegado territorial valorou moi positivamente o desenvolvemento deste tipo de comisións, “xa que serven para engraxar aínda máis o funcionamento de todos os departamentos”

22/04/21 | 14:02 | C. de Sanidade

Un total de 14.000 profesionais do Sergas presentaron a súa solicitude para acceder á carreira profesional

A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para informar da resolución do procedemento de carreira profesional correspondente á convocatoria do ano 2020

22/04/21 | 12:18 | C. de Sanidade

O Sergas publica as listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Xeráronse un total de 4.573 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración

21/04/21 | 15:15 | C. de Sanidade

O Hospital Álvaro Cunqueiro logra a excelencia no manexo da Enfermidade Inflamatoria Intestinal

O conselleiro de Sanidade presidiu a entrega da certificación de Excelencia como Unidade de Atención Integral a pacientes con EII ao servizo do Aparello Dixestivo

21/04/21 | 12:57 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.811 casos activos por coronavirus

Un total de 115.174 pacientes xa están curados

21/04/21 | 12:52 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca que a situación epidemiolóxica da covid en Galicia continúa a ser estable

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Julio García Comesaña, animou á cidadanía a que se vacine e a que acuda aos cribados, cando sexa citada polo Sergas

20/04/21 | 21:15 | C. de Sanidade

Sanidade establece o nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro

No nivel alto de restricións estarán os concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira, e Cambre