Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

23/06/21 | 14:14 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia o incremento dos aforos e a proposta do comité clínico de retirar a máscara no exterior sempre que se manteña a distancia de seguridade

Avanza o aumento do 50 ao 75% do aforo en lugares de culto, academias e centros de formación, congresos, ximnasios, museos, arquivos e bibliotecas, acuarios e zoolóxicos; e subliña que o aforo no interior dos bares e cafeterías se manterá ao 50%, permitíndose o aforo máximo nas terrazas, respectando sempre o metro e medio de distancia entre mesas

23/06/21 | 13:46 | C. de Sanidade
23/06/21 | 12:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.269 casos activos por coronavirus

Un total de 125.018 pacientes xa están curados

22/06/21 | 21:21 | C. de Sanidade

Sanidade establece o nivel medio de restricións nos concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio

O comité clínico reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos

22/06/21 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta avanza na execución do Centro Integral de Saúde de Lalín, cos traballos de escavación xa rematados

Xa está finalizado o baleirado da escavación e continúan as tarefas de apertura de noiros para a disposición de zapatas e vigas de atado

22/06/21 | 13:41 | C. de Sanidade

Sanidade convida á cidadanía a doar sangue e comezar as vacacións de verán do xeito máis solidario

ADOS lembra que Galicia foi a terceira Comunidade Autónoma con maior taxa de doazón no pasado ano, e que as dificultades derivadas da pandemia sanitaria pola covid non frearon a xenerosidade e compromiso dos galegos e galegas

22/06/21 | 12:51 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.274 casos activos por coronavirus

Un total de 124.932 pacientes xa están curados

21/06/21 | 18:14 | C. de Sanidade

O Diario Oficial de Galicia publica a nova orde reguladora dos tipos de contratos no Sergas

A nova regulación aplicarase a todo o persoal temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia

21/06/21 | 17:56 | C. de Sanidade
21/06/21 | 14:35 | C. de Sanidade

O Sergas pón en marcha unha nova unidade de saúde mental no centro de saúde da Covada en Oleiros

O novo servizo optimizará a atención dos trastornos depresivos e prevalentes na atención Primaria, ademáis de mellorar a prevención de condutas suicidas