Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

31/07/21 | 12:09 | C. de Sanidade

A Xunta apoia con case 900.000 euros á hostalería de Monforte de Lemos a través de 401 axudas distribuídas nos últimos meses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que os dous primeiros plans de rescate suman 389 achegas e o programa de acondicionamento de terrazas outras 12

31/07/21 | 10:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.869 casos activos por coronavirus

Un total de 135.602 pacientes xa están curados

30/07/21 | 14:08 | C. de Sanidade

Asinado o protocolo que permitirá á Xunta construír un novo centro de saúde de máis de 5.000 metros cadrados en Vilagarcía

Xunta, Concello e Porto acordan a cesión á Xunta dunha parcela portuaria na que o Concello executará a demolición do inmoble que a ocupa actualmente e o SERGAS construirá o novo centro

30/07/21 | 13:34 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Rodeiro asinan un protocolo de colaboración para a reforma do centro de saúde

O investimento deste proxecto de mellora ascende a 86.052 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais pola Xunta e o concello

30/07/21 | 12:54 | C. de Sanidade

Sanidade habilita en Lugo, Burela e Monforte de Lemos senllos puntos fixos para a realización de probas de antíxenos e a xestión de trámites vencellados coa covid-19

Na cidade de Lugo realizaranse probas diagnósticas, os martes, xoves e sábados e;no caso de Burela e Monforte de Lemos, terán lugar nas xornadas de sábado

30/07/21 | 10:06 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.885 casos activos por coronavirus

Un total de 134.418 pacientes xa están curados

29/07/21 | 16:36 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inicia os trámites da ampliación do CHUS, que incrementará en máis de 30.000 m2 a súa capacidade

Feijóo precisa que se executarán dous edificios, un deles incluirá áreas de diagnóstico, tratamento, servizos centrais e unidades de hospitalización; e o outro albergará o hospital de día e as consultas externas

29/07/21 | 10:09 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.776 casos activos por coronavirus

Un total de 133.336 pacientes xa están curados

28/07/21 | 15:04 | C. de Sanidade

Galicia incrementa a súa capacidade diagnóstica cun acordo coas oficinas de farmacia para integrar no sistema público os resultados dos autotest realizados nelas

As farmacias expedirán documentos acreditativos de proba diagnóstica negativa tras realizar a proba na propia oficina, previa sinatura de consentimento informado e baixo o asesoramento do persoal farmacéutico

28/07/21 | 10:49 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.535 casos activos por coronavirus

Un total de 132.502 pacientes xa están curados