Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

23/10/21 | 15:06 | C. de Sanidade

A revista New Medical Economics distingue a Galicia como a Comunidade Autónoma con actividade sanitaria máis innovadora

Galicia destacou este ano no uso das tecnoloxías da información aplicadas a todo o proceso de vixilancia, vacinación e atención sanitaria á covid

23/10/21 | 13:15 | C. de Sanidade
23/10/21 | 12:22 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia achégase aos 2’1 millóns de certificados covid emitidos

As oficinas de farmacia integraron nos rexistros da Xunta o resultado das probas de autotest dun total de 48.556 persoas, das que 513 tiveron un resultado positivo

23/10/21 | 11:16 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 413 casos activos por coronavirus

Un total de 179.871 pacientes xa están curados

22/10/21 | 15:22 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a empresa Toyota España desenvolven a primeira campaña conxunta a prol da doazón

Unha unidade móbil de ADOS visitará tres concesionarios de Toyota en Galicia para convidar a empregados, clientes e empresas colaboradoras a doar sangue

22/10/21 | 14:20 | C. de Sanidade

A Xunta inicia o proceso participativo para elaborar o novo Decreto regulador da ordenación da atención primaria

En cumprimento do anunciado polo presidente da Xunta no debate de política xeral, ábrese a consulta pública para recadar as opinións do sector sobre a renovación do decreto regulador da ordenación da atención primaria, aprobado en 1993

22/10/21 | 10:37 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 416 casos activos por coronavirus

Un total de 179.842 pacientes xa están curados

22/10/21 | 10:27 | C. de Sanidade

O Sergas oferta 190 prazas nas oposicións que se celebran esta fin de semana

O sábado están convocados un total de 1.494 aspirantes para a cobertura de 86 prazas de técnico en farmacia, e outros 1.522 aspirantes están convocados para o domingo, para cubrir 104 prazas de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico

21/10/21 | 17:10 | C. de Sanidade

Os orzamentos da Xunta de 2022 elevarán por riba dos 4 millóns de euros as transferencias do executivo galego ás entidades locais para atención ás drogodependencias

No acto de sinatura do convenio coa FEGAMP para este ano, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanza ao presidente da federación que o importe desta achega incrementarase no vindeiro exercicio