Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

06/11/21 | 11:23 | C. de Sanidade

A Xunta solicita aos concellos as parcelas necesarias para construír os novos centros previstos no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de remitir cartas a alcaldes e alcaldesas dos 28 concellos nos que se contempla a construción de novos centros de saúde dentro das fases 1 e 2 do Plan recentemente aprobado

06/11/21 | 11:17 | C. de Sanidade

A Xunta supera os 2,1 millóns de certificados covid emitidos

As oficinas de farmacia integraron nos rexistros da Xunta o resultado das probas de autotest dun total de 50.640 persoas, das que 521 tiveron un resultado positivo

06/11/21 | 11:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 692 casos activos por coronavirus

Un total de 180.257 pacientes xa están curados

05/11/21 | 15:09 | C. de Sanidade

O Sergas finalista dos premios europeos de innovación polo proxecto de adopción de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable

Os gañadores do certame daranse a coñecer o vindeiro 25 de novembro, con motivo da primeiro Cume do Consello Europeo de Innovación

05/11/21 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Máis de 1.000 alumnos beneficiaranse do acordo asinado entre Sanidade e a USC para a realización de prácticas de grao e mestrados en centros do Sergas

No acordo, o primeiro que dá cobertura de xeito conxunto ao alumnado de case 30 titulacións, establécense a forma e condicións de cooperación para a adecuada planificación, desenvolvemento e avaliación das prácticas

05/11/21 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta garante que traballará para minimizar as afeccións na construción do "Novo CHUAC" e que os expropiados recibirán compensacións xustas

Os representantes do Goberno galego informaron de que o proxecto está na súa fase inicial e que durante o seu desenvolvemento nos vindeiros meses se concretará o ámbito preciso da implantación

05/11/21 | 12:08 | C. de Sanidade

A Xunta publica a Orde que regula a creación, composición, organización e funcionamento das unidades multidisciplinares de atención asistencial no Sergas

Proporcionarán unha atención eficiente e de máxima calidade aos pacientes afectados por patoloxías que requiran unha abordaxe multidisciplinar

05/11/21 | 10:29 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 640 casos activos por coronavirus

Un total de 180.224 pacientes xa están curados

04/11/21 | 19:36 | C. de Sanidade

O Sergas e as organizacións sindicais abordan as características da nova categoría de facultativo especialista en atención primaria

Na xuntanza tamén se acordou a posibilidade que terá todo o persoal do Servizo Galego de Saúde e as súas entidades adscritas, de gozar dos días de libre disposición do presente ano, até o 31 de marzo do ano 2022

04/11/21 | 10:38 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 581 casos activos por coronavirus

Un total de 180.199 pacientes xa están curados