Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Sergas gañador nos I Premios Europeos á contratación pública de innovación
O Consello Europeo de Innovación (EIC) convocou a primeira edición dos Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación (EUIPAwards), que pretenden recoñecer os compradores públicos e privados de toda Europa polos seus esforzos por promover a contratación de innovación
A Xunta pon todos os medios do Sergas ao servizo da cobertura das prazas de traumatoloxía en Valdeorras
O conselleiro de Sanidade informou hoxe aos representantes sindicais e municipais da solución arbitrada para que persoal de traumatoloxía de todas as áreas sanitarias contribúa a dar cobertura continua a este servizo
O xerente do Sergas proclama o compromiso de tolerancia cero ante calquera situación de violencia machista na organización
O Servizo Galego de Saúde conmemora o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, e recorda que as mulleres representan neste organismo máis do 77% do total do persoal, tal e como se recolle no I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes no Sergas
Galicia rexistra un total de 3.573 casos activos por coronavirus
Un total de 181.237 pacientes xa están curados
Xunta e Concello de Carballo cooperarán para mellorar as infraestruturas sanitarias da localidade
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de reunirse co alcalde de Carballo para abordar os pasos a dar co obxecto de executar a actuación prevista para o concello na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria
Galicia rexistra un total de 3.168 casos activos por coronavirus
Un total de 181.136 pacientes xa están curados
Profesionais do Sergas do ámbito da saúde materno-infantil asisten ás XIV Xornadas de Saúde Perinatal e Reprodutiva
Inauguradas polo xerente do Sergas, José Flores Arias, teñen lugar entre onte e hoxe na sede da EGAP
Xunta e concello de Cangas dialogan para axilizar a construción dunha nova infraestrutura sanitaria
O conselleiro de Sanidade vén de reunirse coa alcaldesa de Cangas do Morrazo e cos voceiros da corporación municipal para abordar os pasos a dar para executar esta actuación prevista na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de atención primaria
O Sergas publica a adxudicación definitiva do concurso de traslados aberto e permanente de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos
No ciclo correspondente a este ano, adxudicáronse un total de 861 destinos
A Xunta licita por un total de 726.000 euros o equipamento para a fabricación de terapia celular CAR-T
O Executivo galego investirá un total de 2’5 millóns de euros para levar a cabo as tarefas de reforma e a adquisición do equipamento