Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia, Asturias e Cantabria avogan pola colaboración entre administracións para impulsar o desenvolvemento da enerxía eólica mariña
Os presidentes autonómicos Alberto Núñez Feijóo, Adrián Barbón e Miguel Ángel Revilla acordan traballar de maneira conxunta para estudar e avaliar as posibilidades técnicas, viabilidade económica e desenvolvemento ordenado desta enerxía, de tal xeito que sexa compatible co resto de actividades, especialmente a marítimo-pesqueira
Feijóo enxalza o Camiño de Santiago como un patrimonio que é Marca España e que debemos conservar entre todos
Agradece a vontade de proclamar con esta rúbrica a vixencia do Camiño, recoñecer todo o que achega ás comunidades que atravesa e renovar compromisos
Feijóo agradece a Asturias e Cantabria a súa implicación no coidado e promoción do Camiño e insta á España “verde” a aproveitar a oportunidade histórica que supón o Xacobeo 21-22
Resalta a aposta que desde múltiples ámbitos está a facer Galicia para ofrecer un destino seguro, de calidade e sostible
Feijóo salienta que a Xunta impulsará ata finais de ano actuacións para a mellora de 28 albergues públicos en sete rutas do Camiño
Resalta a aprobación do decreto polo que se actualiza a regulación da marca Xacobeo 21-22, despois da prórroga do Ano Santo
A Xunta aproba un novo reforzo dos programas de investigación das universidades galegas
Feijóo avanza unha inxección de 9,3 millóns de euros dirixida ás universidades da Coruña e de Vigo, dous convenios aos que se sumará, posteriormente, o da Universidade de Santiago
Feijóo afirma que a Xunta seguirá defendendo o dereito dos galegos ás herdanzas en vida e pide ao Goberno que dea marcha atrás cunha rectificación total
“Non estamos de acordo, non o imos aceptar e, se fose necesario, acudiremos ao Tribunal Constitucional”, di
Feijóo anuncia o incremento dos aforos e a proposta do comité clínico de retirar a máscara no exterior sempre que se manteña a distancia de seguridade
Avanza o aumento do 50 ao 75% do aforo en lugares de culto, academias e centros de formación, congresos, ximnasios, museos, arquivos e bibliotecas, acuarios e zoolóxicos; e subliña que o aforo no interior dos bares e cafeterías se manterá ao 50%, permitíndose o aforo máximo nas terrazas, respectando sempre o metro e medio de distancia entre mesas
Feijóo reedita o compromiso co retorno dos galegos do exterior e salienta que os mozos beneficiarios das Bolsas de Excelencia para estudos de másters contarán cun 30% máis de prazas
Destaca que nesta quinta convocatoria cada mozo contará cunha achega de entre 7.000 e 11.475 euros; ademais dunha oferta de 90 másters nas tres universidades galegas, nove máis que na edición anterior
Feijóo reivindica a Formación Profesional como unha opción educativa estratéxica de cara á recuperación económica
Refírese á FP como un factor fundamental de dinamización laboral cun elevado nivel de empregabilidade, superando nalgúns casos máis do 90%