Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Máis de 20.000 familias galegas e 700 autónomos e pemes aforrarán na súa factura enerxética grazas ás axudas do Plan Renove Electrodomésticos e do Bono Enerxía Peme e Comercio
Feijóo subliña que ambas convocatorias mobilizarán un total de 15,5 millóns de euros e permitirán unha redución de CO2 equivalente a plantar 105.000 árbores
Feijóo constata o papel referente da planta viguesa para o grupo Stellantis, para o sector en Galicia e para o conxunto da automoción a nivel mundial
Asevera que a fabricación en Galicia dunha nova xeración de vehículos evidencia que a Comunidade ten moito que dicir no futuro desta industria grazas á competitividade e á capacidade innovadora e tecnolóxica da cadea de valor
Feijóo resalta a educación como piar fundamental para o mundo pospandemia e incide na innovación, a calidade e a equidade como claves de futuro
Destaca que o investimento principal dun país é a educación porque é un investimento de futuro e, como tal, debe ser unha prioridade de calquera sociedade
Feijóo avanza un novo pulo ao Polo aeroespacial de Galicia co inicio dos trámites para seleccionar novos socios estratéxicos e tecnolóxicos para os vindeiros cinco anos
Precisa que este mesmo mes de xullo farase pública esta licitación cun orzamento de partida de 40 millóns de euros e coa previsión de firmar entre catro e oito acordos
Feijóo destaca os “logros innegables” da España das autonomías no equilibrio territorial, na xestión dos servizos públicos e no reforzo do sentimento de pertenza ao proxecto común
Salienta a pandemia como a proba máis recente de que o Estado das Autonomías funciona, recordando que as comunidades autónomas non só exerceron as súas competencias, senón que se viron obrigadas a suplir certa descoordinación do Goberno central
Feijóo pide recuperar a cogobernanza e blindar a obxectividade e a concorrencia para acertar no reparto dos fondos Next Generation
Asevera que o Goberno central non pode esquecer que estes fondos son para devolver; “e se os gastamos de forma inadecuada teremos dous problemas: perderemos unha oportunidade; e teremos unha débeda e moitas dificultades para devolver o prestado”, recorda
Feijóo destaca que a Xunta axudou ao sector do salón de peiteado con 6 M€ e apoia a súa reivindicación de baixada do IVE
Apunta que ata o 14 de xullo poden solicitarse as axudas do terceiro Plan de rescate e lembra que a Administración galega está a axilizar e simplificar o procedemento a pesar das cargas burocráticas impostas polo Estado no Real Decreto-Lei
Feijóo destaca a disposición da Comunidade a participar na Conferencia sobre o Futuro de Europa coa celebración dun foro sobre Economía Azul
Sobre os Next Generation, incide na preocupación da Xunta ante a decisión do Goberno central de reservar o 61% dos fondos para xestión propia e só o 35% para as comunidades; e demanda, novamente, un escenario de financiamento dos proxectos claro e equitativo entre territorios
Feijóo destaca o compromiso co futuro da Sanidade Pública de Ourense cun investimento de case 120 millóns de euros para ampliar o CHUO e construír un Centro Integral de Saúde na cidade
Salienta que o novo CHUO contará cun 47% máis de superficie -respecto a hai doce anos- tras a construción de tres edificios: un de hospitalización, coa reforma do hospital materno-infantil, un edificio ambulatorio e outro administrativo