Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo destaca na inauguración da mostra Galicia Futura a capacidade dos galegos para evolucionar a través do cambio tranquilo, capaz de sintetizar tradición e progreso
Afirma que se a historia de Galicia é a historia dun cambio exitoso, débese a esa capacidade para acompasar a evolución de cada un dos galegos coa evolución do país no seu conxunto
Feijóo salienta que cada tres días ponse en marcha en Galicia unha nova empresa de economía social, unha cifra que non se freou polas incertezas da pandemia
Destaca que máis de 100.000 persoas, un de cada once fogares galegos, viven da economía social, representando esta forma empresarial arredor do 7% do PIB galego
Feijóo traslada o orgullo e a responsabilidade de acoller a rede social máis antiga, máis integradora e a que máis perdura ao longo dos séculos
Destaca que Galicia está preparada para que o Xacobeo 21-22 sexa o mellor da historia: “Somos un pobo diverso que quere seguir crecendo e dando a benvida. Neste dobre Ano Santo todos son benvidos e todos están invitados”
Feijóo enxalza a contribución da nova iluminación interior da Catedral de Santiago para celebrar un Ano Santo bienal cunha intensidade renovada desde o seu epicentro máis emblemático
Destaca que este sistema -con novas lámpadas e emisores led- desenvolve todo o potencial estético do templo sen substituír á luz natural, baseándose en tres preceptos: compromiso pola sustentabilidade, respecto pola relixiosidade e desenvolvemento cultural
Feijóo avanza unha achega de 48,5 M€ ata 2022 para incrementar as oportunidades laborais de 19.000 desempregados a través da formación
Precisa que esta oferta contará con dúas vertentes: por unha banda, a que se impartirá en entidades galegas acreditadas, e, por outra, os cursos que se desenvolverán nos centros de formación para o emprego, dependentes da Xunta de Galicia
O Goberno Galego outorga a Medalla de Ouro de Galicia 2021 ao persoal do dispositivo de vacinación
Feijóo incide en que os profesionais que nos están axudando a saír do túnel a través da vacinación merecen un recoñecemento polo seu labor profesional, rigoroso, sistemático e certamente salientable desde o punto de vista de éxito loxístico e de organización