Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

21/07/21 | 15:58 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a presentación da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas para afondar na calidade e a venda e garantir a remuda xeracional

“Estamos a falar dunha iniciativa conxunta do sector, a Xunta e a Fundación Juana de Vega, dotada con máis de 700.000 euros”, precisa

21/07/21 | 14:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a decisión do comité clínico de limitar as reunións, cunha especial énfase nas nocturnas, e permitir a apertura da hostalería cun control de acceso nos niveis de incidencia máis alta

Afirma que o obxectivo é buscar a máxima seguridade, evitar que os bares e restaurantes teñan que pechar cada vez que un concello chega a un nivel de risco máximo ou alto e incrementar a participación nos cribados dos menores de 40 anos

20/07/21 | 14:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a achega da Xunta á intermodal de Ourense e insta ao Goberno central a acometer a reforma da estación de tren para completar a porta de entrada do AVE a Galicia

Salienta que a Xunta pon fin á primeira fase da intermodal de Ourense, na que investiu 9 millóns de euros, cunha estación de autobuses con máis de 7.300 metros cadrados e coa previsión de albergar case 70.000 expedicións e a 265.000 pasaxeiros

19/07/21 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

As Comunidades Autónomas polas que pasa o Camiño exploran sinerxías para a promoción conxunta das Rutas Xacobeas e dos seus atractivos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu no Hostal dos Reis Católicos aos representantes de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, Andalucía e Cataluña para manter un encontro no que sentar as bases das accións coordinadas que se poden poñer en marcha no marco do dobre Ano Santo

16/07/21 | 12:07 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo Centro de Saúde de Narón, cun investimento de case 6 millóns de euros, como exemplo da aposta pola atención primaria con máis e mellores servizos

Afirma que con esta nova infraestrutura increméntase un 60% a superficie con respecto ao centro de saúde anterior, o que permitirá ofrecer unha atención reforzada e ampliada