Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

30/07/21 | 19:35 | A Presidencia da Xunta

Feijóo propón un decálogo de acordos para afrontar desde a unidade o reto sanitario, o reto económico e o reto demográfico

Cualifica de insuficiente o reforzo de vacinas en agosto, xa que non se acadan os niveis de subministro de xuño e propón avaliar o uso da vacina Janssen para menores de 40 anos cun consentimento informado

29/07/21 | 19:27 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese aos empresarios galegos no exterior como “embaixadores privilexiados” do que é a Comunidade e anímaos a seguir traballando para manter a marca Galicia

Resalta que a Comunidade está a recuperar o ritmo exportador previo á pandemia, exportando 590 millóns de euros máis que hai dous anos

29/07/21 | 16:36 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inicia os trámites da ampliación do CHUS, que incrementará en máis de 30.000 m2 a súa capacidade

Feijóo precisa que se executarán dous edificios, un deles incluirá áreas de diagnóstico, tratamento, servizos centrais e unidades de hospitalización; e o outro albergará o hospital de día e as consultas externas

29/07/21 | 16:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza novos descontos para os usuarios das autoestradas autonómicas como a bonificación do 100% na viaxe de volta ás familias numerosas

Anuncia tamén a extensión ás 24 horas posteriores da viaxe de ida do desconto do 25% na volta e do 50% na segunda volta para usuarios recorrentes

29/07/21 | 16:15 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a aprobación dun teito de gasto non financeiro para 2022 de 11.571 millóns para seguir reactivando a economía e cun especial apoio ás familias e aos sectores máis afectados

Subliña que a Xunta opta por un cadro macroeconómico prudente e realista, estimando un crecemento do PIB galego do 5,5% para este ano 2021; e do 6% para 2022

29/07/21 | 16:12 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha o terceiro Plan Moves, dotado con preto de 23 millóns de euros, para a compra de vehículos eléctricos e a instalación de puntos de recarga

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, precisa que estas axudas están dirixidas a particulares, comunidades de propietarios, empresas, entidades locais e administracións públicas

28/07/21 | 11:50 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso dos gobernos portugués e español coa alta velocidade Lisboa-Oporto e Oporto-Vigo-A Coruña como a maior achega “que a Eurorrexión conseguiu nos últimos anos”

Aposta por unha Eurorrexión máis ampla, coa agregación de empresarios e universidades as súas dinámicas; e máis protagonista, transmitindo o papel esencial das rexións na Conferencia sobre o futuro de Europa; e máis extensa

27/07/21 | 13:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo albergue da Gudiña como exemplo do compromiso de ofrecer aos peregrinos a mellor Galicia neste Xacobeo 21-22

Salienta que o edificio senlleiro recuperado conta, entre outros servizos, con 44 prazas, un cuarto adaptado con aseo propio, aparcadoiro de bicicletas, comedor, cociña e área de descanso

Recorda que a Comunidade conta cunha rede pública de albergues con 78 establecementos