Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo afirma que Navalia 2022 será o gran evento para o naval na etapa postpandemia, que constatará o presente e o futuro do sector galego
Incide en que eventos como Navalia son un importante escaparate para mostrar ao mundo o potencial do naval galego, cuxos datos provisionais do terceiro trimestre apuntan que a carteira de pedidos elevarase ata os 17 buques por valor de 750M€
A Xunta activa unha nova liña de axudas directas para apoiar a reactivación da actividade deportiva competitiva
Haberá 3 liñas de actuación: axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional, axudas para a compensación da minoración dos ingresos e axudas ás federacións deportivas galegas
Feijóo avanza a posta en marcha dun paquete de axudas dirixidas ao sector turístico cun investimento de 15,8 M€
Precisa que os beneficiarios destas axudas serán as axencias de viaxes, os establecementos hostaleiros e os concellos de menos de 10.000 habitantes
Feijóo reitera o compromiso da Xunta na loita contra o cancro e a aposta pola prevención e a detección precoz
Salienta que a pesar da pandemia en 2020 rematáronse as avaliacións de todas as mulleres que, resultando positivas, precisaron completar o estudo mamográfico
Feijóo avanza a apertura este sábado da vacinación sen cita a todos aqueles que aínda non recibiron a primeira dose e a habilitación a vindeira semana de puntos de vacinación nos campus
Respecto á hostalería, destaca a posta en marcha o vindeiro 15 de setembro dun protocolo con dous niveis, segundo o grao de compromiso do local e independentemente de onde se sitúe
Feijóo destaca o investimento de 8,7 M€ en equipamento no Chus nos últimos dous anos como exemplo da aposta continua pola modernización tecnolóxica dos hospitais galegos
Á marxe da renovación tecnolóxica, cómpre lembrar que a Xunta xa ampliou recentemente o servizo de urxencias despois dun investimento de 1,65 millóns e segue a traballar na ampliación do complexo para aumentar a súa superficie en 30.000 m2, previo esforzo orzamentario de máis de 50 millóns de euros
Feijóo avanza un Fondo de Reserva de Garantía Educativa reforzado ata os 10 M€ para os gastos derivados dos protocolos covid e posibles continxencias na saída da crise sanitaria
Subliña o compromiso de poñer á disposición as medidas de seguridade necesarias nun curso con máis esperanzas grazas á vacina, pero no que aínda se precisan ferramentas para poder convivir coa covid