Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo destaca as oportunidades mutuas de Galicia e Colombia en sectores como o pesqueiro, o naval, o contract, o TIC e o forestal
Agradece a visita de Iván Duque porque se converte na primeira dun presidente a Galicia nestes Ano Santo bienal e acepta a invitación do titular do Goberno colombiano para visitar Colombia cunha delegación económica galega
Feijóo insta ao Goberno a adherirse ao Pacto de Estado por Ferrol e incide na necesidade de prorrogar os ERTE nos sectores máis afectados pola pandemia
Reitera a oportunidade histórica que suporía un PERTE do naval para modernizar as instalacións e diminuír os custos de construción
Feijóo expón o papel fundamental do emprendemento feminino para afrontar a era post-pandemia
Subliña que Galicia é a comunidade con maior presenza de mulleres no emprego autónomo e con máis mulleres empregadoras no total de mulleres ocupadas
Feijóo traslada á vicepresidenta Calviño a necesidade de aportar solucións á crise industrial e apostar por proxectos que modernicen a economía e consoliden o emprego
En relación aos fondos Next Generation, valora o compromiso da vicepresidenta primeira de avaliar os proxectos prioritarios para Galicia, relacionados co ámbito forestal, agroalimentario, da automoción, co sector aeronáutico e coa sanidade no eido tecnolóxico
Feijóo destaca o cumprimento das medidas recollidas no Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra que conta cun orzamento de 4,5 M€
Sinala que “estamos ordenando o territorio con medidas de protección, con rehabilitación de vivenda e con turismo sostible”
A Xunta inviste 35,2 M€ para que as sete áreas sanitarias de Galicia conten co material funxible necesario para o funcionamento dos robots cirúrxicos Da Vinci
Feijóo sinala que estes robots teñen múltiples vantaxes no estritamente cirúrxico; supoñen unha maior seguridade e calidade para os pacientes e, no que respecta aos hospitais reducen a estadía postoperatoria
A Xunta concede 5 M€ en axudas a 773 comerciantes e obradoiros artesanais para impulsar a modernización e dixitalización dos seus negocios
Feijóo explica que estes apoios contan con dúas liñas, unha destinada á dixitalización comercial e outra á adquisición de equipamentos propios da actividade comercial