Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

21/09/21 | 21:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo apela a conservar a vixencia dos valores do Camiño que ao longo da historia guían á nosa sociedade inspirando a convivencia

Garante o compromiso da Xunta coa modernización da Administración de Xustiza, a través de medidas que faciliten o labor de todos os seus traballadores e ofrezan aos cidadáns un servizo eficiente

21/09/21 | 12:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o papel estratéxico na dixitalización do naval que desempeñará desde Ferrol o Cesena, chamado a ser o centro de referencia nun futuro PERTE do sector

Avanza que a instalación, localizada no CIS Tecnoloxía e Deseño da Xunta, fomentará a creación de ecosistemas cos principais axentes desta industria; impulsando tecnoloxías propias para a transformación dixital; e apoiará ás universidades e centros de FP, de cara á actualización de coñecementos

20/09/21 | 20:18 | A Presidencia da Xunta

Feijóo apela á vocación integradora e reformista que debuxaron os “arquitectos” da nosa autonomía para seguir afondando na senda do progreso social e económico

Resalta que o libro presentado hoxe achega a visión dun xestor que actualizou a Administración galega con proxectos como a Reforma da Función Pública

20/09/21 | 15:27 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que Galicia traballará para que a nova Política Pesqueira Europea recoñeza as particularidades do sector na Comunidade

Traslada ao comisario europeo do ramo que a Xunta xa está a traballar co Consello Galego de Pesca para fixar unha postura

19/09/21 | 12:09 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo defende seguir impulsando da man de Stellantis o proxecto Autoancora para solicitar ao Goberno que o inclúa no reparto de fondos europeos

Destaca que se trata dunha das iniciativas tractoras da candidatura Next Generation Galicia e que, cun investimento de 1.300 millóns euros, busca desenvolver na Comunidade a automoción do futuro a través da sustentabilidade, a dixitalización e as novas tecnoloxías