Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

06/10/21 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta
05/10/21 | 18:56 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a mellora asistencial e de capacidade que suporá a fase 0 do novo CHUAC como paso inicial cara a un hospital ao servizo dos coruñeses e para os vindeiros 50 anos

Resalta que esta fase, cuxo obxectivo é que estea rematada no verán de 2022, permitirá a creación dunha nova área de hospitais de día, a construción dunha nova unidade de hospitalización e a ampliación de Urxencias e as UCI

04/10/21 | 12:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo defende a dieta atlántica rica en produtos do mar como o mellor xeito de impulsar unha alimentación de futuro saudable e sostible

Refírese ao valor do mar como fonte de benestar e incide na necesidade de fomentar a concienciación e difusión sobre a importancia do consumo destes produtos

30/09/21 | 21:13 | A Presidencia da Xunta

Feijóo apela a un diálogo sosegado e multilateral para abordar o modelo de financiamento autonómico centrado nas persoas e non nos territorios

Avoga por un sistema de financiamento “xusto, sen gañadores nin perdedores”, acorde ao custe real de servizos como a sanidade ou a educación

30/09/21 | 14:10 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta unha achega de preto de 20 M€ para impulsar o autoconsumo e almacenamento enerxético e acadar aforros anuais de 7 M€ nas facturas das empresas

Asegura que con estes apoios a Xunta aspira mobilizar 60M€; conseguir aforros anuais de 65.000 MWh/ano; e unha redución de emisións de CO2 ao ano equivalente á plantación de 1,15 millóns de árbores

30/09/21 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina preto de 7 M€ ás universidades públicas galegas para a adquisición e mellora de equipamento e instalacións científico-técnicas

Feijóo lamenta que o Ministerio de Ciencia non asuma o financiamento daqueles investimentos en infraestruturas científicas universitarias que non superen os 500.000 euros, como viña facendo ata o momento

29/09/21 | 18:04 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón a combinación de valores e feitos como a base do autogoberno galego a través do cal Galicia acadou un grao de desenvolvemento e benestar descoñecidos na súa historia

“Os galegos aprendemos que a democracia é fermosa e moi útil. Con ela satisfacemos os nosos desexos de liberdade e, ao mesmo tempo, resolvemos problemas cotiáns e estimulamos o talento individual e colectivo”, resalta