Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

17/10/21 | 11:56 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aprobará mañá o proxecto de orzamentos para 2022, unhas contas enfocadas á recuperación económica na fase final da pandemia

O proxecto prevé un crecemento sostible dun 6% do PIB en 2021 e 2022, medio punto máis que o previsto para este exercicio no teito de gasto

16/10/21 | 13:45 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo nomea a Miguel Corgos López-Prado como novo conselleiro de Facenda e Administración Pública

Desde 2009 ocupa o cargo de director xeral de Orzamentos do mesmo departamento

16/10/21 | 12:33 | A Presidencia da Xunta

A Xunta conmemora os corenta anos do Estatuto de Autonomía de Galicia cunhas xornadas

As actividades estenderanse durante dous días e contarán coa presenza do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo e dous ex-presidentes

14/10/21 | 15:55 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta comeza a tramitar o anteproxecto de decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada da Comunidade

Feijóo explica que ten un triplo obxectivo: regularizar e harmonizar o labor docente dos especialistas e médicos residentes, optimizar a calidade no proceso de formación especializada e incrementar o número de facultativos na sanidade pública

14/10/21 | 15:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a activación dun 4º Plan de Rescate para empresas e autónomos cons 134 M€ que non se distribuíron da convocatoria anterior polas trabas burocráticas estatais

Sinala que ampliará ata o 30 de setembro o período para imputar as débedas financiables con estas axudas e establecerá que os fondos se poidan destinar a compensar as perdas contables

14/10/21 | 15:45 | A Presidencia da Xunta
07/10/21 | 13:50 | A Presidencia da Xunta
07/10/21 | 13:50 | A Presidencia da Xunta

A Xunta decreta tres días de loito oficial polo falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez García

Feijóo asina o decreto polo que se encarga o despacho da Consellería de Facenda e Administración Pública ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo