Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo avanza o impulso da primeira Lei de áreas empresariais de Galicia que nace co obxectivo de axilizar e flexibilizar a creación de solo empresarial
Salienta que se creará o Plan estruturante de solo empresarial para desenvolver o solo cando sexa de titularidade pública de interese autonómico
A nova Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras inxectará 83 M€ no sistema educativo en catro anos para accións de alto impacto e especialización na aprendizaxe de idiomas
Feijóo salienta que o obxectivo é acadar en 2030 que o 85% dos centros educativos teñan desenvolvido o modelo plurilingüe
Feijóo refírese á Galicia do século XXI como unha Galicia con arraigo que sabe de onde vén, onde está e cara onde vai
Enxalza a traxectoria do galardoado Juan Tallón, “un xornalista e escritor que coñece moi ben Galicia”
Feijóo salienta o avance de Galicia na aposta polo urbanismo responsable cun millón de galegos que viven en 111 concellos cun PXOM actualizado
Afirma que coa aprobación definitiva do seu plan, Folgoso do Courel abre unha nova etapa, cunha ordenación urbanística con capacidade para tutelar o asentamento de ata 1.400 veciños durante, polo menos, as vindeiras dúas/tres décadas
Feijóo outorga ao diálogo social un papel decisivo para avanzar na igualdade laboral e o emprego de calidade
A xuntanza de hoxe coa responsable de CC.OO. é mostra do funcionamento fluído das relacións que o Goberno galego mantén con esta organización sindical
Feijóo salienta que máis do 65% da superficie dos 270 concellos sumados ao convenio de defensa das aldeas está limpa de maleza
Destaca outras medidas en materia de defensa do monte da Xunta como a asistencia técnica aos concellos, a dotación de ferramentas informáticas, visores de traballo e aplicacións de xestión de rexistros, a execución subsidiaria de limpezas en faixas por parte de Seaga; as rozas en vías de titularidade municipal, os traballos en aldeas modelo ou as limpezas mecanizadas, como as de 5.000 hectáreas de áreas cortalume
Galicia contará cun investimento de preto de 20 millóns de euros para seguir avanzando no polo de tecnoloxías cuánticas, na biotecnoloxía aplicada á saúde e nas ciencias mariñas
Precisa que a Comunidade participará en tres das catro primeiras áreas de I+D+i lanzadas polo Ministerio de Ciencia, no marco dos plans complementarios coas comunidades ligados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE
Feijóo avanza que o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria contempla 37 novos centros de saúde e a ampliación e reforma doutros 14
Explica que son 51 actuacións divididas en 3 fases que afectan ao 25% da poboación galega