Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

18/11/21 | 11:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta o compromiso da Xunta cunha Universidade 4.0 que concilie innovación, empregabilidade e especialización, cun plan de financiamento que permitirá mobilizar 3.200M€

Destaca tamén que nos orzamentos autonómicos do ano que vén as contías comprometidas para o Sistema Universitario Galego ascenden a case 500 millóns, un 5,4% máis que no exercicio anterior

18/11/21 | 11:12 | A Presidencia da Xunta

A Xunta sitúase á vangarda da igualdade no sector público co 71% de mulleres funcionarias e polo seu compromiso para derrubar as fendas de xénero

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe por vídeo na inauguración do III Congreso da Asociación de Mulleres no Sector Público, onde destacou a Galicia como referente para acadar a igualdade plena

17/11/21 | 17:55 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o traballo conxunto entre entidades sociais e administracións para seguir avanzando nunha Galicia sen prexuízos e inclusiva

Incide en que integrar non significa absorber, senón convivir e respectarse; “e este é o obxectivo das iniciativas que a Xunta está a desenvolver”, di, referíndose aos diferentes programas impulsados xunto coa Fundación Secretariado Gitano para preto de 2.000 nenos e mozos na Comunidade

17/11/21 | 16:09 | A Presidencia da Xunta

Feijóo sinala a colaboración público-privada como unha ferramenta básica para encarar con solvencia un escenario económico repleto de cambios

Afirma que a Administración autonómica galega seguirá apostando polo rigor na xestión, pola estabilidade institucional, pola concorrencia competitiva e polos incentivos á recuperación

17/11/21 | 12:34 | A Presidencia da Xunta

Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con mellores datos de listas de agarda para cirurxías

O tempo medio de agarda para intervencións cirúrxicas na comunidade galega sitúase en 70 días, só por debaixo do País Vasco que conta con 62 xornadas

16/11/21 | 20:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo garante en Bruxelas que Galicia seguirá a ser unha das rexións que mellor executa os fondos europeos de acordo coas estratrexias da UE e de forma eficiente

“Hoxe trouxemos á capital europea os temas que lle preocupan a Galicia”, di, trasladando o compromiso de presentar, no primeiro trimestre de 2022, o Plan estratéxico da economía galega 21-30, cos fondos de cohesión e os Next Generation xa incorporados

16/11/21 | 13:54 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao Camiño como un “faro permanente” do que é o feito europeo e invita a visitar Galicia no Ano Santo dobre para vivir unha experiencia “que non se esquece”

Resalta que os máis de 83.000 quilómetros de sendas xacobeas que vertebran o continente ou os seus máis de 1.200 anos, son unha alegoría de todo canto simboliza a Unión: “Europa é solidariedade e non hai nada máis solidario que o Camiño”, di

15/11/21 | 15:19 | A Presidencia da Xunta

Feijóo insta ao Goberno a converter os Next Generation nunha oportunidade para dar certezas aos sectores industriais galegos e aos 16.500 empregos que están en risco

Saúda que os proxectos do Grupo Stellantis no eido da automoción, así como os referidos aos sectores aeroespacial e agroalimentario estean dentro dos parámetros para integrarse nos respectivos PERTE

12/11/21 | 15:55 | A Presidencia da Xunta

Feijóo apela á estabilidade e ao compromiso empresarial que fixo progresar Galicia como a mellor fórmula para encarar a reconstrución social e económica

Diante dos desafíos que implica este novo contexto, salienta que máis que debater sobre que, “o vital é acertar no como”