Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

23/11/21 | 15:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo defende o Foro de Santiago como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico, priorizar a demografía e garantir que os fondos europeos cheguen á economía real

“Hoxe presentamos un documento con vocación de permanencia e que construímos oito presidentes que representamos máis do 60% do territorio do noso país”, di, apelando ao papel da política útil que achega solucións

22/11/21 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo celebra que Galicia estea a piques de cumprir un fito histórico coa chegada do AVE a Ourense o vindeiro 21 de decembro

“Temos algunhas etapas do camiño aínda pendentes, pero estamos a punto de culminar unha meta histórica: a chegada do AVE a Ourense, a porta de entrada da alta velocidade a Galicia”, di, reiterando a necesidade de que o mapa da alta velocidade se vaia completando, chegando ao resto das cidades galegas co fin de cumprir o calendario de tempos comprometidos

20/11/21 | 18:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada a disposición de Galicia a contribuír ao progreso de Ceuta en sectores clave para o seu desenvolvemento económico e de xeración de emprego

“Poñémonos a disposición de Ceuta; e unha vez que teñamos concretadas as datas para visitar Galicia temos que fixar unha axenda económica cos sectores que sinalemos”, precisa

18/11/21 | 22:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese aos galardoados cos Premios Gallegos del Año como a proba de que Galicia conta cunha galeguidade inmensa e diversa para reducir as incertezas do futuro

“Os Galegos do Ano son un mapa humano de Galicia; da súa man percorremos a Galicia do talento, da entrega, do compromiso e levantamos acta do mellor de nós”, di

18/11/21 | 17:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que nestas catro décadas de autogoberno os galegos foron tecendo unha Galicia que pertence a todos e que se orienta de acordo coa vontade de todos

Asevera que a Comunidade é hoxe unha rede de afectos tecida, entre outros factores, polo periodismo, “polas mulleres e homes que compartiron con David Beriain unha mesma paixón por relatar as pequenas e grandes cousas que teñen cabida nun medio de comunicación”, di

18/11/21 | 15:02 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destinará 157 M€ a axudas e actuacións directas para a rehabilitación de vivendas en 2022 para reforzar a aposta pola recuperación

Feijóo avanza que este financiamento vai xerar uns 360 M€ de investimento total, dos que se van beneficiar 16.000 familias galegas e vanse crear ao redor de 17.000 postos de traballo

18/11/21 | 15:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que o Plan de choque da Xunta destinou máis de 37 M€ a impulsar a reactivación do sector turístico

Pon en valor que os fondos deste Plan de Choque impactaron, sobre todo, no tecido empresarial

18/11/21 | 14:55 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Galicia activará a segunda emisión de bonos sostibles por importe de 500 M€ para sufragar investimentos ligados á economía verde e á axenda 2030

Feijóo salienta que que Galicia é unha das cinco comunidades españolas que realizan emisións destes bonos, xunto con Madrid, Andalucía, Navarra e o País Vasco