Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

01/12/22 | 12:56 | A Presidencia da Xunta

O director da Casa de Galicia en Madrid presentou a conferencia, “Camiño de Madrid, Camiño Saudable”, que impartiu Javier Leralta

A Casa de Galicia acolleu a terceira conferencia do ciclo “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos”, que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid

30/11/22 | 15:56 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a xestión de Galicia dos fondos europeos e insta ao Goberno central a axilizar o reparto para non perder unha oportunidade histórica

Amosa a súa preocupación polo retraso na chegada destes investimentos e alerta da incerteza que provoca na trintena de proxectos industriais “moi importantes” que están xa en tramitación

29/11/22 | 22:47 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta e os Colexios de Médicos acordan avanzar no impulso da atención primaria e na compatibilidade da práctica profesional

Os facultativos expresaron ao Goberno galego que, na súa opinión, é necesaria unha reestruturación territorial da atención primaria

29/11/22 | 15:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda defende o compromiso da Xunta con Ferrol que reflicten os orzamentos de 2023 e apela á implicación do Goberno para concretar os proxectos de futuro na comarca

Resalta que as contas do vindeiro ano reservan 113,3 M€ para melloras en sanidade, na rede viaria, nos servizos sociais ou no eido educativo en Ferrol, Eume e Ortegal

28/11/22 | 16:27 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña os intereses comúns de Galicia e Asturias por unha financiación autonómica que atenda a dispersión poboacional

Demanda ao Goberno unha reforma do modelo de financiación baseada nunha xustiza distributiva para as CC.AA con poboación envellecida e dispersa e alerta que unha negociación bilateral poría en “pé de guerra” ás comunidades que quedan fóra

28/11/22 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta participa na presentación da proba ciclista O Gran Camiño 23 que terá lugar en Galicia o vindeiro mes de febreiro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación da proba que terá lugar en Galicia o vindeiro mes de febreiro

27/11/22 | 11:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta reafirma o seu compromiso coas empresas que apostan por desenvolver ou expandir os seus proxectos en Galicia

O titular do Goberno galego mantivo un encontro co presidente do Consello de Administración de Nueva Pescanova, José María Benavent, no que abordaron o proceso de innovación e expansión da compañía

26/11/22 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia fomentará a participación infantil a través dun Consello autonómico da Infancia e a Adolescencia

Rueda destaca que os orzamentos de cara o vindeiro ano destinarán 230 millóns de euros á área de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, un 36% máis que este ano