Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

03/02/22 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba os acordos coas universidades para a posta en marcha do Plan Galego de Financiamento Universitario, que este ano contará cun orzamento de máis de 469 M€

Feijóo asevera que se trata do plan máis ambicioso da historia, que mobilizará preto de 3.200 M€ nos vindeiros cinco anos, case un 30% máis

02/02/22 | 14:29 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo valora o interese de Showa Denko de crear unha nova planta na Coruña e acredita a capacidade competitiva da Comunidade

Asevera que esta decisión, que prevé un investimento inicial de 100 millóns de euros e a posibilidade de superar os 400 M€ no futuro, suporía unha gran noticia para a cidade e para a industria galega

01/02/22 | 14:01 | C. de Economía e Industria; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que a Comunidade conta xa con 23 proxectos que optan a formar parte da candidatura galega ao PERTE da saúde

Destas 23 iniciativas destacan 16 proxectos privados e público-privados, vinculados a empresas e centros de coñecemento como o Grupo Zendal, Televés, Everis ou a Fundación Kaertor, sobre vacinas, novos medicamentos ou a instalación de fábricas de produtos farmacéuticos na Comunidade

31/01/22 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a residencia e centro de día público de Baleira como mostra de que un rural con servizos é un rural vivo

Gaba a calidade de atención deste centro, que abriu as súas portas en 2019 e que conta con 24 prazas públicas de residencia; e outras 20 no centro de día, para os que prefiren seguir vivindo nas súas casas e pasar unhas horas ao día facendo actividades

31/01/22 | 13:14 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza unha nova convocatoria de axudas para apoiar a transformación e comercialización de produtos agrarios que contará cun orzamento de 30 M€

Asevera que a Xunta seguirá comprometida co sector: defendendo os seus intereses na negociación da futura PAC; fomentando a súa profesionalización; ou coa Lei de recuperación da terra agraria, que permite mobilizar terras abandonadas ou infrautilizasas

30/01/22 | 14:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo lembra a pegada de Castelao na formación dun galeguismo integrador e plural e enxalza a súa figura como patrimonio común de todos os galegos

Subliña que no recordatorio que fai Castelao de que hai sitio para todos está encerrada a chamada a un galeguismo no que podemos estar xuntos e conversar

28/01/22 | 18:53 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso da nova delegada da Xunta en Ferrol para impulsar o desenvolvemento da comarca e velar polo cumprimento do Pacto de Estado

“Esta nova delegación non nace para comezar a preocuparnos polos problemas de Ferrolterra, nos que levamos traballando 12 anos; tampouco para ter un cargo máis. Nace para garantir que se cumpra o comprometido cos ferroláns”, di

28/01/22 | 14:37 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo expón a colaboración público-privada como clave para acadar a consolidación do sector biotecnolóxico galego, reter talento e impulsar a economía

Refírese á iniciativa Cancer Innova como un bo exemplo desta aposta, que aliña a ciencia coas necesidades da industria para facer fronte aos retos médicos presentes e futuros