Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

08/03/22 | 14:57 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso de Galicia coa igualdade e avanza que a nova lei situará á comunidade na vangarda da loita contra a discriminación de xénero

Afirma que a igualdade é un principio que nos debe unir como sociedade: “A igualdade está nas nosas mans, nas do conxunto da sociedade: nas mans dos políticos, das familias, dos homes e das empresas”

08/03/22 | 11:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide que a Conferencia de Presidentes aborde a aprobación dun Plan de acollida aos refuxiados de Ucraína

Subliña a necesidade de coordinar os esforzos de todas as Administracións e canalizar a corrente de solidariedade existente

07/03/22 | 15:44 | A Presidencia da Xunta
04/03/22 | 15:41 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia ofrece un milleiro de prazas de acollida para refuxiados procedentes da Guerra de Ucraína

Delas, 584 foron ofertadas pola Xunta, 256 polos concellos galegos a través da Fegamp e 139 por parte de entidades sociais

04/03/22 | 15:12 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta o compromiso coa discapacidade cun orzamento de 142 M€, o máis elevado da historia da autonomía para acadar unha Galicia de oportunidades na que todos temos un sitio

Asevera que estes fondos buscan percorrer todas as necesidades e circunstancias das persoas que presentan algún tipo de discapacidade e avanza que para os máis pequenos superarase o medio centenar de unidades de atención temperá

03/03/22 | 15:47 | A Presidencia da Xunta

Galicia dá novos pasos cara unha nova Lei de Igualdade baseada na loita contra a discriminación e os ataques sexistas e na plena igualdade laboral

Feijóo avanza que este mes se iniciará a consulta pública previa para que a sociedade poida facer as súas achegas para enriquecer a futura normativa

03/03/22 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo avanza un investimento de 5,5 millóns para o novo servizo de medicina nuclear do Complexo Hospitalario de Ourense

Anuncia que a Consellería de Medio Ambiente habilitará máis de 340.000 metros cadrados de nova superficie industrial en San Cibrao das Viñas, cun investimento de 10 M€

03/03/22 | 15:46 | A Presidencia da Xunta
03/03/22 | 15:45 | A Presidencia da Xunta

Galicia condena a invasión de Ucraína e amosa o seu apoio ao pobo ucraíno e a súa disposición de colaborar nunha resposta humanitaria coordinada co Goberno central

Feijóo salienta o ofrecemento de poñer á disposición preto de 500 camas nas sete áreas sanitarias, así como o compromiso de achegar unha listaxe cos recursos dispoñibles para acoller refuxiados

02/03/22 | 12:52 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que Galicia volverá recorrer á súa experiencia na xestión para que os fondos europeos cheguen aos seus destinatarios e se executen

“Esperamos que o Goberno teña en conta esta traxectoria dilatada e descentralice os fondos para resolver o atasco que, de momento, se está a producir”, incide, en relación aos fondos Next Generation