Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

02/12/22 | 20:10 | A Presidencia da Xunta

Rueda anima a visitar este Nadal o Belén de Begonte que celebra o seu cincuenta aniversario

O presidente da Xunta asistiu á inauguración desta instalación, declarada de Interese Turístico Galego e que atrae cada ano ao redor de 40.000 visitantes a esta vila chairega

02/12/22 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda valora a cooperación entre Galicia e Castela e León como clave para demandar infraestruturas competitivas para o noroeste e un financiamento autonómico xusto

Reivindica ao Goberno central que aposte por infraestruturas fundamentais como o Corredor Atlántico: “Reclamamos o que nos corresponde e o que é de xustiza”, advertiu
 

01/12/22 | 19:00 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o compromiso da Xunta co comercio galego ao destinar 24 M€ nos orzamentos de 2023 ao impulso da innovación e a transformación dixital do sector

O presidente do Goberno galego participou na inauguración do parque comercial Nasas Nigrán, unha iniciativa que nace para promover o emprego e a economía no Val Miñor

01/12/22 | 16:43 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego convocará máis de 5.650 prazas de emprego público no Sergas antes de que finalice este ano

Rueda subliña que o Consello aprobou hoxe a OPE para persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde que inclúe 1.294 prazas

01/12/22 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Un estudo elaborado pola USC clarifica as competencias da administración autonómica e as entidades locais para garantir unha prestación eficiente dos servizos públicos

O presidente do Goberno galego destaca que “a Xunta trasladará” este estudo á Fegamp que desligouse do convenio inicial e elaborou un informe pola súa parte

01/12/22 | 16:15 | A Presidencia da Xunta

A Xunta creará 136 novos postos permanentes de Orientación laboral para o Servizo de Emprego de Galicia

Rueda adiantou que se destinarán uns 5 millóns de euros a financiar a incorporación destes profesionais, fundamentais para o fomento da empregabilidade
 

01/12/22 | 16:11 | A Presidencia da Xunta

A primeira Estratexia Galicia Retorna supuxo a incorporación de 28.000 galegos retornados de máis de 40 países

Rueda considera que estas cifras “positivas” demostran que este programa foi “todo un éxito” e salienta que outras CC.AA. se teñen interesado por el