Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

31/03/22 | 14:49 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que a Axenda da Industria Forestal mobilizará 140 M€ para aumentar a facturación do sector ata os 2.700 M€ anuais e acadar os 25.000 empregos en 2024

As accións incluídas nesta Axenda súmanse aos proxectos propostos na candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, como a fábrica de fibras téxtiles sostibles ou o proxecto Tech Madeira

31/03/22 | 14:48 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta activa o bono social térmico e o seu complemento que empezarán a percibir no mes de abril 66.400 fogares galegos

Feijóo avanza que as contías oscilarán entre os 228 e os 473 € e que os beneficiarios non terán que facer ningún trámite, xa que recibirán o ingreso de forma automática

30/03/22 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o incremento do 40% dos fondos destinados a apoiar a investigación no Plan de financiamento universitario 2022-2026, ata os 400 millóns de euros

Recorda que Galicia é unha das comunidades cun programa completo de formación investigadora, composto por un programa de formación de investigadores na etapa predoutoral e posdoutoral -con 380 contratos-; e por outro de atracción e retención do talento científico

29/03/22 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a Xunta levará servizos especializados para maiores á porta da casa de máis de 100.000 galegos

“A partir de hoxe, oito autobuses comezarán a percorrer a xeografía galega e permanecerán entre tres e catro días en cada concello”, di, subliñando que deste servizo poderán beneficiarse as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto

28/03/22 | 15:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo albergue de Oseira como exemplo da aposta polo patrimonio e o camiño, cunha rede pública de albergues que rematará este 2022 con 78 centros

Resalta que os fondos europeos de recuperación, ademais de axudar a trazar a Galicia do futuro no eido da industria e a innovación, axudarán a impulsar o turismo, cun Plan Xacobeo Next Generation dotado con máis de 39 millóns de euros

24/03/22 | 16:30 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de máis de 14 M€ para fomentar a mobilidade sostible en Pontevedra e nos concellos da súa contorna

Explica que se executarán varias actuacións co obxectivo de levar a cabo a transformación integral da PO-546 e tamén melloras en Santo André de Xeve, nas estradas PO-223 e PO-224

24/03/22 | 16:30 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo reforza o Plan de Choque co compromiso de axudas directas para o sector agropecuario, especialmente para o da carne e do leite, e coa ampliación do Programa Renove Automoción

Tras o anuncio da UE de que España recibirá 64,5M€ do fondo de crise para apoiar a gandeiros e agricultores, urxe ao Goberno a que se comprometa a achegar outra cantidade similar, asegurando tamén que as comunidades deben facer o propio entre todas

24/03/22 | 16:30 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba a convocatoria de OPE de Sanidade con 106 prazas de médico da especialidade de medicina familiar

Feijóo destaca que o proceso de selección desta OPE se fará a través do sistema de concurso de méritos

24/03/22 | 16:30 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o programa Talento 30 para incentivar a contratación de menores de 30 anos desempregados con achegas de ata 20.000 € por persoa contratada

Feijóo salienta que este novo programa contará cun orzamento de 12,2 M€ para os anos 2022 e 2023 e pretende chegar a entre 600 e 900 mozos