Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

26/04/22 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta investirá 8 M€ para a creación de 220 Polos creativos en centros educativos galegos e impulsar as competencias dixitais como a robótica ou a intelixencia artificial

Feijóo precisa que estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, co fin de que, a través de diferentes proxectos, os nenos accedan desde idades temperás a aspectos que forman parte da nosa realidade e que son imprescindibles para calquera profesión do futuro

24/04/22 | 13:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo celebra que a unidade da sociedade galega se asemelle a unha familia "porque na súa mesa hai sitio para todos"

Enxalza a capacidade de unión e integración no seo da Comunidade: “será porque os galegos vivimos como comemos, sabemos que a mestura enriquece e que compartir multiplica”

22/04/22 | 13:44 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de preto de 70M€ para a ampliación do CHUS, aumentando un 30% a súa superficie

Precisa que estas obras permitirán aumentar os espazos en 2 dous 3 edificios, o que suporá actuar en áreas como o laboratorio de microbioloxía, o hospital de día, a unidade de mama e a área de endoscopias, ademais da ampliación das urxencias pediátricas e a incorporación de sete novos quirófanos

22/04/22 | 13:07 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta e a Fundación 'La Caixa' afondarán na cooperación para o desenvolvemento sociosanitario, cultural, educativo e científico de Galicia

Feijóo e Fainé asinan un novo convenio polo que se achegan 12,5 millóns de euros este ano e que pon o aceno na mellora da calidade de vida dos cidadáns máis vulnerables

21/04/22 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza cunha achega de máis de 40M€ novos proxectos para Vigo como a rehabilitación dos xulgados da rúa Lalín, o novo IES de Navia e a humanización da fachada marítima

Entre as actuacións relacionadas co Xacobeo 21-22, anuncia o desenvolvemento da Ruta Iacobus Maris 2022 que, cunha duración de catro semanas, partirá do porto italiano de Xénova para rematar en Vigo e, desde aí, continuar a pé ata Santiago

21/04/22 | 16:02 | A Presidencia da Xunta
21/04/22 | 15:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina 3 M€ a unha nova liña de axudas para apoiar as pemes do sector biotecnolóxico con menos de 8 anos de antigüidade

Feijóo precisa que Consolida Bio pretende fortalecer as pequenas e medianas empresas do sector, impulsar a súa competitividade e atraer emprendemento tecnolóxico a Galicia

21/04/22 | 15:58 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta investirá preto de 6,5 M€ no desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras aplicadas ás emerxencias sanitarias e sociais, á xestión forestal e dos recursos mariños a través de vehículos non tripulados

Feijóo destaca que dá continuidade ao investimento doutros case 3 M€ para seguir avanzando noutras solucións tecnolóxicas pensadas para mellorar a prestación de servizos públicos e que se desenvolveron no primeiro período do Polo Aeroespacial

21/04/22 | 15:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta activa a Estratexia Naval 2022-2026 para avanzar cara á recuperación, ao crecemento e á diversificación do sector e aproveitar o Perte aprobado polo Goberno central

Feijóo salienta que o obxectivo é orientar os esforzos dun sector estratéxico nos vindeiros anos, promover a colaboración entre estaleiros e os distintos elos da cadea, e situar Galicia no lugar que lle corresponde ante o Perte do naval

18/04/22 | 19:43 | A Presidencia da Xunta