Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

28/04/22 | 19:39 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a fortaleza da cadea mar-industria reflectida na súa aposta estratéxica pola innovación e a internacionalización

“Estamos a falar dun sector industrial que exporta máis ca nunca, superando, a pesar da pandemia, a barreira dos máis de 2.400 millóns de euros en exportacións”, lembra

28/04/22 | 17:14 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o valor da xestión que permitiu aplicar en Galicia rebaixas fiscais e medidas favorecedoras das rendas medias e baixas

Resalta que a Comunidade é a terceira de España con menor débeda pública per cápita; e, desde 2009, a política fiscal da Xunta permitiu que os galegos dispuxeran de máis de 1.200 millóns de euros

28/04/22 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un investimento de arredor de 120 M€ en proxectos clave para Santiago como as ampliacións do CHUS e de San Caetano ou a aposta por unha mobilidade sostible

Salienta que a ampliación do CHUS, que contará cun investimento de 70 M€, permitirá ampliar nun 30% a superficie actual do hospital

28/04/22 | 15:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba a primeira Lei de áreas empresariais de Galicia, unha norma pioneira a nivel estatal

Feijóo salienta que ten por obxectivo axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo para as empresas, así como garantir o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e o fomento da actividade económica na Comunidade

27/04/22 | 15:15 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta declarará iniciativa empresarial prioritaria o proxecto dunha planta de metanol verde en Mugardos que contará cun investimento de máis de 130 millóns de euros

Salienta que esta planta, coa que se crearán 120 empregos, non só redundará no uso de biocombustible senón que suporá unha oportunidade para xerar riqueza na contorna, atraendo novos investimentos

27/04/22 | 12:45 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a política fiscal da Xunta que permitiu que desde 2009 os galegos dispuxeran de máis de 1.200 M€ nos seus petos

Indica que coas rebaixas autonómicas do IRPF as rendas baixas pagarán no ano 2022 un 22,6 % menos que en 2009

26/04/22 | 16:42 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo valora a decisión empresarial de Altri de elixir Palas de Rei como a mellor localización posible para o complexo de fibras téxtiles, “o proxecto Next Generation máis importante” da candidatura galega aos fondos europeos

Salienta que con esta decisión, froito da análise técnica exhaustiva por parte da empresa, dáse un paso fundamental para avanzar neste proxecto, cumpríndose así coa solicitude feita de xeito unánime polo Parlamento galego para que a fábrica se asentase na provincia de Lugo