Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

23/05/22 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta inicia os concertos multitudinarios do Xacobeo coa presentación do 'Portamérica' na azucreira de Portas

O delegado territorial, Luis López, a comisaria do Plan Xacobeo, Cecilia Pereira, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participaron hoxe na posta de longo do festival, que terá lugar do 2 ao 4 de xuño

21/05/22 | 18:32 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca a calidade dos recursos naúticos de Galicia como atractivo turístico

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na entrega de trofeos da Regata da Muller

21/05/22 | 12:29 | A Presidencia da Xunta

Nava Castro recibe no Obradoiro un grupo de peregrinos procedentes de Valga

Realizaron o camiño Portugués por etapas durante os meses de abril e maio

20/05/22 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias destaca a dimensión internacional da alianza do Xacobeo e a 52 Super Series Baiona Sailing Week

O Monte Real Club de Yates acollerá aos nove equipos que debutarán na contorna do Parque Nacional das Illas Cíes na que está considerada unha das competicións máis importantes do mundo xunto á Copa América e a Volvo Ocean Race

A representante autonómica emprazou ás tripulacións participantes a converterse en embaixadoras do Camiño e a riqueza de Galicia nos seus países de orixe

20/05/22 | 13:47 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aspira a xestionar preto de 24 millóns de euros en actuacións de cohesión para impulsar a transformación innovadora do turismo en Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou as 5 candidaturas galegas do marco do Programa Extraordinario de Plans de sustentabilidade turística en destinos, que engloban 3 actuacións do Plan Territorial de Enogastronomía e 2 do Plan Nacional

20/05/22 | 13:27 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta os avances no deseño do novo Plan da industria conserveira de produtos do mar para reforzar a súa competitividade cara ao 2030

Resalta o apoio da Xunta para afondar nunha axeitada venda dos produtos e que en 2022 se recibiron 85 solicitudes para as axudas de mellora das instalacións en pequenas e medianas empresas de transformación de produtos do mar

20/05/22 | 11:25 | A Presidencia da Xunta

A sinalización do Camiño Portugués suma xa preto de 300 establecementos ao seu paso pola cidade de Vigo

Marta Fernández-Tapias participou este venres na instalación da sinalética oficial en comercios tras recibir 107 novas peticións para participar na iniciativa

19/05/22 | 23:01 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca nun workshop en Porto o peso do mercado luso no proceso de recuperación do sector turístico galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do acto xunto ao presidente do Clúster de Turismo de Galicia e o presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal no WOW

19/05/22 | 17:03 | A Presidencia da Xunta

Os barcos históricos do 'Exploraterra' atracan na Coruña da man da Xunta e da Fundación Nao Victoria

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o Galeón Andalucía e a Nao Victoria, que poderán visitarse de balde no porto ata o 22 de maio