Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

09/06/22 | 15:35 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que Galicia liderará un proxecto transnacional para mellorar a conservación dos hábitats de Cíes, Ons e Sálvora e facelos resistentes ao cambio climático

Salienta que o Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para establecer as bases da súa participación na iniciativa Life insular, cun orzamento de máis de 5,2 M€ para executar ao longo de 5 anualidades

09/06/22 | 15:32 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que o III Programa muller e ciencia 2022-2025 quintuplicará o orzamento do anterior ata os 45 M€ para diminuír a fenda e situar ás investigadoras á fronte dos equipos

Explica que o programa terá impacto directo na carreira de máis de 600 galegas e aspira a que outras 30 poidan acceder a postos directivos

09/06/22 | 13:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta, Delegación do Goberno e o Concello de Santiago coordinan o dispositivo de seguridade dos concertos de “O Son do Camiño”

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participaron na Xunta Local de Seguridade do Concello de Santiago para abordar o dispositivo de seguridade das actuacións da próxima semana no Monte do Gozo, ás que se prevé unha afluencia de 120.000 persoas en tres días

08/06/22 | 21:46 | A Presidencia da Xunta

Rueda pide ao Goberno que recoñeza a especialidade de medicina de Urxencias para contribuír a paliar sen máis demoras o déficit de facultativos en Atención Primaria

Salienta que se Urxencias e Atención Primaria foran dúas especialidades distintas evitaríase formar en Atención Primaria a médicos que despois exercerán fóra dos centros de saúde

08/06/22 | 19:08 | A Presidencia da Xunta

Nava Castro recibe a Ronaldo Nazario na súa chegada ao Obradoiro

O ex-xogador brasileiro percorreu o Camiño de Inverno xunto a súa muller e un grupo de apoio

08/06/22 | 15:42 | A Presidencia da Xunta

Nava Castro destaca a calidade e a posta en valor da Vía da Prata-Mozárabe que contou cun investimento de 5, 3 millóns de euros nos últimos anos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta do balance das accións de impacto da promoción da Vía da Prata-Mozárabe do Camiño de Santiago.

08/06/22 | 13:32 | A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta o cartel de “O Son do Camiño” que reunirá no Monte do Gozo a 47 artistas nacionais e internacionais a vindeira semana

A directora de Turismo de Galicia , Nava Castro, participou hoxe na presentación onde destacou que Galicia volve ser referente musical nesta nova edición do Son do Camiño que conta co cartel de artistas máis grande da súa historia

08/06/22 | 12:14 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta con Vigo coa total recuperación da fachada marítima cun investimento global de 14 M€

“Xuntos, o Goberno galego e o Porto faremos posible este obxectivo”, di, salientando que esta iniciativa proba que a vida económica dun porto de referencia pode ser compatible cunha vida urbana plena e sostible

08/06/22 | 11:16 | A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta a segunda edición do Camiño das Músicas Galegas da man da Duendeneta que percorrerá diferentes rutas do Camiño de Santiago

Trátase dun proxecto de difusión cultural en máis de 20 vilas e cidades situadas no Camiño de Santiago

07/06/22 | 21:59 | A Presidencia da Xunta

Rueda felicita aos Pontevedreses do Ano pola súa contribución no camiño cara a unha Galicia mellor

“As vosas voces animan a seguir traballando por unha Galicia e unha Pontevedra que hoxe vos rende unha merecida homenaxe”, di