Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

14/06/22 | 13:25 | A Presidencia da Xunta

Trenor reúnese cos representantes da Asociación de Hosteleros da Coruña para seguir reforzando as vías de colaboración

O delegado da Xunta destacou que a Xunta mantén unha fluída dinámica de traballo conxunto coa escola, que se traduce para este curso na celebración de nove ciclos de Accións Formativas dirixidas prioritariamente a desempregados (AFD), con máis de 135 prazas e un investimento de máis de 150.000 euros

13/06/22 | 20:31 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o impulso ao desenvolvemento rural do Programa Leader que mobilizou máis de 930 M€ no agro galego nos últimos 30 anos

Nas tres últimas décadas, o programa Leader permitiu apoiar 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, así como consolidar case 6.000 empregos e crear máis de 5.000 novos

13/06/22 | 15:09 | A Presidencia da Xunta
13/06/22 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que Galicia reforza o seu compromiso coa FP Dual no vindeiro curso cun 20% máis de ciclos e un 25% máis de prazas

Subliña que a oferta total superará as 37.000 prazas, que significarán oportunidades para que os galegos amplíen coñecementos e poidan obter o seu oco no mercado laboral

10/06/22 | 17:40 | A Presidencia da Xunta

Rueda pide á vicepresidenta Calviño un traballo conxunto para cumprir coas expectativas que Galicia ten nos fondos europeos destinados á industria

Trasladoulle os tres proxectos prioritarios que ten Galicia neste eido, como son Stellantis, Showa Denko ou o Polo forestal de Altri

10/06/22 | 10:33 | A Presidencia da Xunta

Arrancan as primeiras 16 audicións de Pequestrelas Xacobeo 21-22 con gran expectación entre os participantes

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu onte aos castings que se celebraron nos exteriores da sede autonómica viguesa

09/06/22 | 15:46 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a aprobación dun proxecto de melloras nas infraestruturas e na accesibilidade na illa de Ons no marco do Plan Xacobeo Next Generation

Destaca que o proxecto conta cunha dotación de 1,4 millóns de euros co fin de mellorar as infraestruturas básicas da illa e a súa accesibilidade, ademais de levar a cabo unha reordenación do mobiliario público