Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

20/06/22 | 13:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que o novo escenario económico, social e ambiental demanda respostas transformadoras como as que pode achegar a Universidade

Recoñece en Manuel Reigosa un interlocutor dialogante e disposto, que coñece a Universidade de Vigo de portas cara dentro e sabe do seu potencial de portas cara fora, e con quen comparte o obxectivo de lograr unha Galicia próspera e talentosa

17/06/22 | 19:25 | A Presidencia da Xunta

Rueda cualifica o derrubamento do tramo da A-6 como un problema de índole nacional e reclama á ministra de Transportes que sexa abordado coa máxima prioridade

Incide en que os galegos merecen saber canto antes os motivos do colapso, os prazos que contempla o Goberno central para a reconstrución e as alternativas que se lle darán ás empresas, que é o máis urxente

17/06/22 | 15:19 | A Presidencia da Xunta

Rueda fai un chamamento a aproveitar o liderado forestal de Galicia en España e subliña o obxectivo de que o sector da madeira acade os 2.700 M€ de facturación en 2022

Destaca que somos potencia na xeración de materia prima, na creación de riqueza e emprego e na capilaridade da propiedade forestal, como amosa o dato de que unhas 80.000 familias viven directa ou indirectamente do monte

17/06/22 | 14:19 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o xornalismo galego como compendio da historia de Galicia e dos acontecementos vitais dos seus cidadáns

O presidente da Xunta participa na inauguración da mostra conmemorativa dos 140 anos de “La Voz de Galicia” na Alameda compostelá

17/06/22 | 13:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta co apoio aos retornados a través de liñas de axudas que suman máis de 5,5 M€ de investimento

A Xunta ofertará o vindeiro curso 250 bolsas BEME, 50 máis que nesta edición, ante o aumento de solicitudes

17/06/22 | 12:34 | A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros destaca na Capela o papel potenciador das casas niño para o emprendemento da muller no rural

A oferta podería verse incrementada coa próxima resolución dunha nova convocatoria da Consellería de Política Social e Xuventude para crear outros 12 novos centros en toda a Comunidade

16/06/22 | 20:01 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a aprobación da Axenda Financeira 2022 como un paso máis no apoio da Xunta á reactivación e a competitividade do tecido produtivo

Destacou que o verdadeiramente transformador na actualidade é situarse ao carón das prioridades das persoas e tratar de darlles saídas útiles e realistas
 
Recorda as medidas adoptadas pola Xunta para contribuír a facilitar a vida das empresas familiares, como as bonificacións fiscais para transmitir un negocio
16/06/22 | 14:35 | A Presidencia da Xunta

A Xunta concede as Medallas Castelao a Camilo Nogueira, Javier Olleros, a Coral Polifónica El Eco, o equipo feminino Pescados Rubén Burela FS e Javier Sánchez de Dios

Rueda explica que con estas distincións se recoñece o seu traballo, os seus logros e que leven o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras