Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

23/06/22 | 12:44 | A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias entrega aos vigueses as once bandeiras azuis concedidas ás súas praias

A delegada territorial da Xunta en Vigo achegouse ata a Praza do Rei cos distintivos despois de que ningún representante municipal acudira o mércores ao acto en Marín

23/06/22 | 12:22 | A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste preto de 48.000 € na reparación da drenaxe transversal da estrada OU-540 no concello de Lobios

O delegado territorial explicou que se trata da reparación da drenaxe transversal no punto quilométrico 68+950, onde a tubaxe está deteriorada por problemas de filtración de auga

22/06/22 | 18:10 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a experiencia das comunidades na xestión de fondos europeos e reclama axilidade e concreción cos Next Generation

“O sistema autonómico permite unha mellor xestión dos fondos públicos xa que os Gobernos das comunidades estamos preto dos cidadáns”, afirma

22/06/22 | 13:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que as 166 bandeiras azuis de Galicia son un premio ao compromiso da comunidade co seu patrimonio natural e un recoñecemento á súa aposta polo turismo sustentable

Incide en que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros, e son 11 máis que o ano anterior

21/06/22 | 16:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor a formación profesional para situar o sector turístico e hostaleiro de Galicia como referente a nivel nacional e internacional

Anuncia a creación para o vindeiro curso de novos ciclos formativos da familia de hostalería e turismo para dar resposta á alta demanda e para acadar a excelencia que demostra o sector nun ano no que Galicia está a bater récords de visitantes da man do Xacobeo

21/06/22 | 13:44 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda urxe ao Goberno a axilizar e concretar vías de apoio á automoción galega no reparto dos fondos europeos para blindar o seu futuro

Esixe que se corrixa “o erro” de deixar a Vigo fóra do Perte do vehículo eléctrico e conectado

20/06/22 | 16:59 | A Presidencia da Xunta

A Unidade Móvil da Xunta de apoio aos refuxiados ucraínos recala en Lugo esta semana

Conta cunha intérprete e unha traballadora social que ofrecen asesoramento sobre os trámites necesarios para acceder aos servizos básicos e prestacións públicas

20/06/22 | 14:55 | A Presidencia da Xunta

A Xunta achega 36.000 euros para ampliar a pista de skate de San Cibrao, en Cervo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego colabora co Concello para instalar novos elementos destinados á práctica deste deporte no parque Raíña Sofía