Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

29/06/22 | 13:04 | A Presidencia da Xunta

As Policías autonómica e nacional, a Garda Civil e o exército despregaranse pola provincia de Pontevedra para a vixilancia fronte aos lumes forestais

Os delegados territoriais de Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, presidiron esta mañá o Comité Provincial de Coordinación Policial contra os Lumes Forestais 2022 para abordar o plan operativo que entra en vigor este venres 1

27/06/22 | 19:55 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta financiará os sistemas personalizados de dosificación de medicamentos a pacientes maiores de 74 anos e polimedicados

A prescrición farase a través dos farmacéuticos ou das enfermarías de atención primaria e poderán dispensar as doses as farmacias que voluntariamente se sumen ao programa

27/06/22 | 16:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta coñece o proxecto de Ence para crear un polo de economía circular e biomateriais nas Pontes

A empresa contempla instalar unha planta de biocombustibles e papel tisú cun investimento en torno aos 350M€ e coa previsión de crear máis de 1000 empregos entre directos, indirectos e inducidos

27/06/22 | 12:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que o novo servizo de Radioterapia do Hospital Gran Montecelo evitará que 500 pacientes se despracen cada ano para recibir o seu tratamento

Explica que as obras van a bo ritmo e entran nunha fase transcendental coa construción da nova torre de hospitalización en forma de “Z”

25/06/22 | 13:11 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o comportamento de récord do Camiño de Santiago co impulso do Xacobeo, logo de superar desde febreiro os rexistros do histórico 2019

Salienta a previsión de que esta fin de semana de xuño se alcance o mesmo número de peregrinos que no mes de xullo de hai dous anos

23/06/22 | 15:03 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a nova Axenda Enerxética de Galicia impulsará a eficiencia e o aforro na factura eléctrica dos fogares galegos con medidas específicas que só para as familias suman 159 M€ ata 2024

Subliña que se prevé mobilizar a través desta Axenda Enerxética ao redor de 1500 millóns de euros de investimento público-privado durante o período 2022-2024 e xerar 11.500 empregos ao ano

23/06/22 | 14:59 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Comunidade recibirá 3.261 M€ dos fondos de cohesión ata 2027 para seguir avanzando cara a unha Galicia máis competitiva e intelixente, verde, conectada e social

Sinala que desta contía global corresponde á xestión da Xunta o 46%: 940 millóns no Programa FEDER de Galicia; 449 millóns no Programa do Fondo Social Europeo Plus; e 111 millóns no Programa de Transición Xusta

23/06/22 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda informa da conxelación por duodécimo ano consecutivo dos prezos das matrículas universitarias, o que suporá un aforro de 18,7 M€ para as familias

Incide en que o próximo curso unha familia galega vai desembolsar polos estudos universitarios dos fillos exactamente a mesma cantidade que hai 12 anos, segundo o decreto de prezos públicos aprobado polo Consello da Xunta

23/06/22 | 14:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta convocará este mes o novo bono alugueiro mocidade, que prevé beneficiar a preto de 3.800 mozos durante dous anos

Salienta que o obxectivo é facilitar á poboación menor de 36 anos o pago da renda da súa vivenda habitual cunha axuda de 250 euros ao mes