Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

02/07/22 | 13:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que as UCIS dos hospitais galegos incrementarán os boxes individualizados para garantir a seguridade e a intimidade dos pacientes

Salienta que a política de humanización das UCIS, implantada xa nos novos hospitais de Lugo e Vigo e agora tamén no de Santiago, vaise estender aos da Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra no marco das respectivas obras de mellora

01/07/22 | 14:11 | A Presidencia da Xunta

Luis López entrega as bandeiras azuis de catro praias aos concellos da Illa de Arousa e da Guarda

O delegado territorial recibiu no edificio da Xunta en Pontevedra ao alcalde arousán, Carlos Iglesias, e a un funcionario guardés para darlles estas distincións

01/07/22 | 13:39 | A Presidencia da Xunta

Rueda presenta ao Rei as prioridades dun Goberno estable e constitucionalista centrado en axudar a familias e empresas, aproveitar os fondos europeos e atender os servizos públicos

Agradece a Súa Maxestade que a reunión fose tan proveitosa e o seu coñecemento e interese por todo canto implica a Galicia

01/07/22 | 12:40 | A Presidencia da Xunta

O Festival ‘Sons de Curuxeiras’ incorpórase ao ciclo de concertos do Xacobeo 21-22 en Ferrolterra

Outra das citas máis esperadas na cidade, despois de dous aprazamentos, será a da cantante galesa Bonnie Tyler que actuará no Porto o 22 de xullo

30/06/22 | 16:18 | A Presidencia da Xunta

A Xunta colaborará coa Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti para promover a igualdade no rural a través do teatro e actividades divulgativas

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade referendará un novo convenio coa entidade conformada por máis de 300 asociacións veciñais da provincia luguesa

30/06/22 | 15:09 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor a colaboración entre a Xunta e a Sociedade Impulsa Galicia para encarar os retos das vindeiras xeracións

Destaca a valía das propostas dos expertos galegos para avanzar en proxectos de importancia para o país como o Polo para a Transformación de Galicia

30/06/22 | 15:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia unha nova liña de axudas para a mellora da competitividade e da calidade dos establecementos hostaleiros dotada con arredor de 3 M€

Esta liña de axudas foi posta en marcha o ano pasado no marco do conxunto de medidas impulsadas pola Xunta para apoiar ao tecido empresarial galego fronte ás circunstancias derivadas da pandemia

30/06/22 | 15:00 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o investimento de máis de 8,4 M€ na adquisición de 8 equipos de radioloxía vascular e neurovascular para os hospitais do Sergas

“Esta tecnoloxía chegará por primeira vez ás áreas de Lugo , Ferrol e Ourense, o que evitará que pacientes teñan que desprazarse a outros hospitais para estas probas ou tratamentos”, indica