Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

03/08/22 | 15:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta aprobará mañá un investimento de preto de 20 millóns de euros para as entidades sociais de Galicia

Valora que esta partida provén da solidariedade dos cidadáns que marcan o recadro social da súa declaración do IRPF
 

01/08/22 | 18:55 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a nova residencia de maiores de Cerdedo-Cotobade suma 46 novas prazas públicas á rede de coidados a persoas maiores de Galicia

Salienta que os novos servizos se incorporarán ás 13.000 prazas públicas de residencias existentes na Comunidade, o triplo que no ano 2009

01/08/22 | 16:27 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que os 7 M€ do Plan Hurbe previstos para este ano darán un novo pulo ao “fermosismo” e afondarán na colaboración institucional en materia urbanística

Subliña que o investimento de 315.000 euros levado a cabo na contorna da igrexa de San Mamede permitiu actuar en 2.700 metros cadrados coa substitución do asfalto por pavimento de pedra e con outras melloras no alumeado público e nos xardíns

01/08/22 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta salienta a aprobación dun teito de gasto non financeiro para 2023 de 12.599 M€, o máis alto da historia da comunidade, para atender as prioridades dos galegos

Destaca que Galicia é a primeira comunidade autónoma en adoptar esta decisión e subliña a necesidade de que as administracións sexan unha fonte de certezas no medio da inflación, das incógnitas do mercado enerxético e da guerra de Ucraína
 

01/08/22 | 14:13 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza o vencello entre os valores solidarios do Xacobeo e a gastronomía do Camiño

A recadación do evento vai destinada este ano á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

29/07/22 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza o Xacobeo dobre como a mellor plataforma para os produtos galegos e sinala a gastronomía como un valor clave na oferta turística de calidade

Sinala a aposta da Xunta por seguir impulsando o turismo baseado na paisaxe, na cultura e na boa cociña, como amosa o investimento de 16 M€ en Plans de Sustentabilidade Turística en Destino