Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

16/01/20 | 15:15 | A Presidencia da Xunta

Feijóo confirma a aplicación xa dos incrementos salariais específicos na nómina de xaneiro dos empregados públicos e di que a suba xeral do 2% farase efectiva en canto o autorice o Goberno central

Explica que tamén se farán efectivas neste mes outras melloras salariais de ámbito sectorial que son resultado da negociación colectiva e que proceden de distintos acordos asinados coas organizacións sindicais

16/01/20 | 15:14 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta
15/01/20 | 21:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o valor da arquitectura para definirnos como somos, un pobo aberto que nunca renuncia a achegar a súa cultura ao gran río da cultura universal

Destaca que Manuel Gallego logra superar en cada obra a tensión entre a arquitectura case espontánea que floreceu noutros tempos en Galicia e a evolucionada, que sitúa á Comunidade no “Olimpo internacional dos arquitectos”

15/01/20 | 11:52 | A Presidencia da Xunta

Feijóo valora a implicación das empresas galegas co Xacobeo 2021 cun novo patrocinio de case 1 millón de euros

Avanza algunha das cifras do balance sobre o turismo en Galicia en 2019, un ano excepcional que consolida as melloras da última década: entre 2009 e o pasado ano o número de viaxeiros que chegaron á Comunidade se incrementou un 26%

14/01/20 | 21:59 | A Presidencia da Xunta

A Xunta poñerá en marcha en Vigo un proxecto de barrio creativo e unha sede do CGAC para a exposición e a creación artística

Feijóo garante que os investimentos culturais da Xunta en Vigo seguirán e valora o auxe do Camiño Portugués da Costa que, en menos de 4 anos, desde a súa oficialización, converteuse na terceira ruta con maior afluencia

10/01/20 | 15:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a publicación no DOG neste mes de xaneiro da primeira convocatoria de axudas para a compra de taxis eléctricos e híbridos

Resalta o compromiso da Xunta para seguir impulsando a transformación do transporte público, actuando nas infraestruturas e nos servizos, como a oferta da gratuidade do transporte público ata os menores de 21 anos

09/01/20 | 15:37 | A Presidencia da Xunta

Galicia conta con case 4.000 profesionais nos centros escolares dedicados á atención á diversidade, un incremento do 22% en 6 anos

Galicia rexistrou no ano 2018 a taxa media anual máis baixa de abandono educativo temperá desde que hai rexistros, un 14,3%, 11 puntos menos que hai case 10 anos

09/01/20 | 15:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a posta en marcha de dez programas para, cun total de preto de 67 M€, impulsar a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego

Entre os que se convocan por primeira vez, destaca o proxecto Maquinaria 4.0, os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada e o desenvolvemento de dous hubs de innovación dixital