Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

22/01/20 | 14:46 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia axudas de ata 9.000€ para que o autónomo que acabe de ter un fillo poida contratar un traballador que o substitúa e financiar o 75% da escola infantil do primeiro fillo no primeiro ano

Precisa que este apoio será de 6.000 euros para a contratación dun traballador que substitúa ao pai ou nai autónomo que acabe de ter un fillo e de 3.000 euros para financiar o 75% da escola pública durante o primeiro ano

21/01/20 | 21:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo incide na importancia da conexión da comunidade científica coa sociedade para abordar os retos de futuro

A Xunta incrementou un 75% a achega aos Centros de Investigación de Excelencia das tres universidades

21/01/20 | 19:57 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo urxe ao Goberno central a construción dun buque de aprovisionamento da Armada para cubrir o baleiro de falta de carga de traballo de Navantia ante a demora das fragatas F-110

Destaca tamén a necesidade de comezar de xeito inmediato a construción do dique seco, unha obra que estaba xa comprometida para abaratar os custos das F-110

21/01/20 | 13:37 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta valorará a posibilidade de introducir unha terceira hora de educación física nos cursos de primaria, secundaria e bacharelato

Nun momento no que o Goberno central está a falar dunha posible reforma educativa, Feijóo traslada a necesidade de que esta aposta se poida consensuar en toda España

20/01/20 | 14:29 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aposta pola rehabilitación e recuperación de edificios en desuso para seguir dotando ao rural de máis servizos e oportunidades

“Con servizos para que todos aqueles que queiran vivir nel poidan facelo; e con oportunidades para todos aqueles que queiran vivir do rural”, abunda

18/01/20 | 11:24 | A Presidencia da Xunta

Feijóo ofrece aos ministros diálogo e cooperación leal e pídelles que cumpran coa Axenda galega

Traslada á ministra de Facenda que seguen sen resolverse a mensualidade pendente do IVE, así como as cantidades que corresponderían a Galicia como Comunidade cumpridora coas normas de estabilidade orzamentaria

17/01/20 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de máis de 22 millóns de euros nunha década para mellorar as bibliotecas escolares

Refírese ás bibliotecas como un elemento fundamental dos centros, aceleradoras de innovación

16/01/20 | 20:50 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a partir deste mes de xaneiro máis empresas familiares poderán beneficiarse das rebaixas fiscais da Xunta para favorecer a remuda xeracional

Lembra que as empresas tamén se poden beneficiar doutras medidas como a Lei de fomento de iniciativas empresarias, os programas Galicia Exporta, as axudas para a transformación cara a Industria 4.0 ou as axudas a autónomos

16/01/20 | 15:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia aumentará a potencia eólica instalada en máis dun 15% grazas ao impulso que supuxo para este sector a Lei de implantación empresarial

Destaca que ao longo deste ano poderían entrar en funcionamento outros seis parques eólicos e unha repotenciación que suporía un incremento de 143 megavatios

16/01/20 | 15:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego activa unha achega de preto de 24,5 M€ para apoiar aos autónomos a emprender, crear emprego e conciliar

Feijóo destaca que con estas medidas poderanse beneficiar máis de 7.000 autónomos e traballadores e arredor de 545 empresas